Expedicións de DNI en Villa Melania os días 20 e 21 de xaneiro

Unha unidade móbil de expedición do DNI achegase ao Concello de Culleredo os días 20 e 21 de xaneiro.

Comezan os traballos de dragado da Ría do Burgo

Esta mañá tivo lugar o acto que supón o comezo dos traballos de dragado da Ría do Burgo. 

Galkimia, Prita e Peluquería Carmen Carreira reciben os premios do II Concurso de Escaparatismo do Concello de Culleredo

Galkimia, Prita e Peluquería Carmen Carreira recibiron esta mañá os premios do II Concurso de Escaparatismo convocado polo Concello de Culleredo con motivo das festas de Nadal. O primeiro,  Galkimia, que rexenta Isaac Cerdeira, foi votado por un total de 201 persoas; o segundo, por 177,  Prita, cuxa responsable é Beatriz García e o terceiro, Peluquería Carmen Carreira, cuxa propietaria lle dá nome, por 124.

O renovado campo de Tarrío xa está listo para albergar competicións deportivas e adestramentos dos conxuntos locais

O Concello de Culleredo continúa apostando polas melloras nas infraestruturas deportivas do municipio coa renovación do campo de fútbol de Tarrío, no que se investiron un total de 261.500 euros na instalación dun novo firme de nova xeración.

A visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente adáptase á pandemia

A visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente adáptase á pandemia.

Cunha nova reorganización, a Cabalgata percorrerá as zonas rurais de Culleredo durante a mañá e a zona urbana na tarde. Da mesma forma, incrementaranse os puntos de paso, establecerase un dobre dispositivo de seguridade e non haberá recepcións.

Culleredo reordena a Cabalgata con dobre dispositivo de seguridade, máis percorrido e sen recepcións para adaptarse á situación sanitaria

O  Concello de Culleredo reorganiza a súa Cabalgata de Reis para adaptarse á situación sanitaria actual na procura de brindar unha maior seguridade para todas as persoas asistentes ao popular evento.

SORTEO DAS PRAZAS PARA A CAMPAÑA DA NEVE 2022 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Consulta na seguinte nova a lista de persoas agraciadas no sorteo para a campaña de Neve 2022 da Deputación da Coruña, para a que o Concello de Culleredo tiña asignadas 12 prazas.

 

Culleredo convoca o II Concurso de Escaparatismo con motivo das festas de Nadal e máis de 2000 euros en premios

O Concello de Culleredo convocou o II Concurso de Escaparatismo con motivo das festas de Nadal, no que pode participar calquera establecemento comercial do municipio. Deben permanecer instalados ata o 6 de xaneiro e iluminados ata as 22:00 horas durante esta tempada.

Culleredo reafirma a súa solidariedade coa doazón de máis de 200 quilos de alimentos para as familias máis necesitadas

O pobo de Culleredo amsosou novamente a súa solidariedade ao achegar máis de 200 quilos de alimentos para que non falten durante as Festas en ningún fogar do municipio.

Culleredo dá continuidade ao plan de mellora da rede viaria no rural co asfaltado da rúa Cubo

O Concello de Culleredo dá continuidade ao plan de mellora da rede viaria no rural co asfaltado da  rúa Cubo, traballos que deron comezo esta mañá. Coas actuacións darase resposta ás diferentes peticións transmitidas polos veciños para renovar o firme de estradas que se viron afectadas polo paso do tempo.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina