A verbena regresa ao Concello de Culleredo o venres 3 de novembro da man de Los Satélites

O parque da Torre de Celas acollerá desde as 21:30 horas deste vindeiro venres, día 3 de decembro, o espectáculo musical da orquestra Los Satélites.

O Concello de Culleredo acollerá o contacontos ‘Fábrica de Bicos’ da Dragona Ramona os días 9 e 16 de decembro

O espectáculo de contacontos ofrecido pola Dragona Ramona regresa ao noso municipio cunha cita dobre neste mes de decembro.

Culleredo estreas as primeiras medidas do seu plan de seguridade escolar

O Concello de Culleredo está a levar a cabo un plan de melloras da seguridade viaria nas zonas escolares do municipio. As primeiras medidas xa están a funcionar, mentres o Concello continúa con obras noutros puntos.

Pleno do Concello de Culleredo con data 25 de novembro de 2021

O Concello de Culleredo celebrará un Pleno da Corporación o vindeiro xoves, 25 de novembro ás 13:30 horas. 

Culleredo organizará do 22 de decembro ao 7 de xaneiro o Campamento "O segredo do Nadal polo mundo"

O Concello de Culleredo organizará o seu Campamento de Nadal “O segredo do Nadal polo mundo” do 22 de decembro ao 7 de xaneiro no CEIP Vila de Rutis. Esta actividade está pensada para nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade e as inscricións poderán formalizarse do 29 de novembro ao 3 de decembro no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Nela poderán superar retos para descubrir o gran secreto que esconden os habitantes dos diferentes continentes, sempre participando en equipo.

Nova campaña solidaria de recollida de alimentos no CEIP Tarrío, Vila de Rutis e Sofía Casanova

O ANPA Rosalía de Castro, do CEIP de Tarrío, organiza unha nova campaña de recollida solidaria de alimentos para o Nadal 2021, despois da impulsada o ano pasado. Debido á boa acollida desta iniciativa, este ano tamén se sumarán as organizacións de pais e nais do Vila de Rutis e do Sofía  Casanova. O seu obxectivo é o de facer o reparto de todo tipo de víveres para que poidan gozar deles as familias do municipio que máis o precisen.

O Concello de Culleredo levará desde mañá o seu plan de melloras da seguridade vial nas zonas escolares na avenida de Rutis

O Concello de Culleredo levará desde mañá o seu plan de melloras da seguridade vial nas zonas escolares na avenida de Rutis, vía que concentra un importante trasiego de alumnado. Alí actuarase nos accesos ao IES Rego de Trabe e ao parque deportivo de Acea de Ama.

Culleredo comeza novos traballos de renovación de vías na parroquia de Celas, en Rumbo

O Concello de Culleredo comezou esta semana novos traballos de mellora de camiños anexos a parcelas agrícolas na parroquia de Celas, no lugar de Rumbo. Concretamente nas vías VP-359 e  VP-400. Contan cun orzamento total de 34.736, 46 euros.

Culleredo licita a pavimentación na rúa Seara ata Cillobre, As Barreiras e As Reixas

O Concello de Culleredo acaba de licitar o proxecto de pavimentación na rúa Seara ata Cillobre, As  Barreiras e As Reixas por un total de 60.440, 89 euros. O obxectivo primeiro das obras é mellorar a plataforma existente para o tráfico rodado, optimizando así as conexións e mellorando a seguridade viaria.

Seminario intensivo de defensa persoal feminina da Deputación da Coruña

Seminario intensivo de defensa persoal feminina organizado pola Deputación da Coruña.

No Concello de Culleredo terá lugar o vindero 11 de decembro.

 

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina