Listas provisionais do proceso de selección do equipo técnico e ao alumnado traballador do obradoiro de emprego 'Rede Virtual de xacementos a arqueolóxicos' que organizan o Concello de Culleredo e o Concello da Coruña

Resultados provisionais da puntación do proceso de selección do equipo técnico e do alumnado traballador do obradoiro de emprego "Rede virtual de xacementos arqueolóxicos".

Orde do día do pleno de xullo de 2021

O Concello de Culleredo convoca a sesión ordinaria do pleno da corporación para o xoves 29 de xullo ás 13.30 horas. A reunión poderase seguir pola canle municipal de YouTube.

Listas provisionais das entrevistas realizadas ao equipo técnico e ao alumnado traballador do obradoiro de emprego 'Rede Virtual de xacementos a arqueolóxicos' que organizan o Concello de Culleredo e o Concello da Coruña

Resultados provisionais da puntación da entrevista realizada ao equipo técnico e ao alumnado do obradoiro de emprego "Rede virtual de xacementos arqueolóxicos"

Rioboo reúnese co conselleiro de Economía para marcar a pauta de colaboración na rehabilitación das naves da Cros

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, reuniuse esta mañá en Santiago de Compostela co vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, para marcar a pauta de colaboración e desenvolvemento no proxecto de rehabilitación das naves da antiga fábrica da Cros.

Os campamentos para a conciliación de Culleredo, en marcha con 250 crianzas

O Concello de Culleredo retoma este verán os campamentos de conciliación tras o parón da tempada pasada por mor da pandemia. Nesta ocasión, coa regulación e limitacións especificadas por  Sanidade, foi posible ofrecer unha actividade moi demandada desde hai máis de 20 anos polas familias do municipio.

O Concello de Culleredo e a Deputación rubrican o acordo de colaboración para o financiamento do centro ocupacional A Escada

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, asinaron esta mañá no pazo provincial o convenio de colaboración para o financiamento do centro ocupacional A Escada, o único destas características da área metropolitana e ao que acode alumnado de todos os puntos da contorna.

O Concello de Culleredo insístelle aos propietarios das fincas privadas na urxencia da realización da limpeza

O Concello de Culleredo insiste na necesidade de que os propietarios das leiras privadas teñen o deber de realizar as limpezas correspondentes aínda a pesar de que non recibisen notificación da Administración local.

 

BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR E EQUIPO DO PROGRAMA DE EMPREGO “REDE VIRTUAL XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS”

Estas bases teñen como finalidade, de conformidade co previsto nos artigos 10 a 14 da Orde do 31 de decembro de 2020 da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, e nas Instruccións do 15/06/2021, ditadas pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, o establecemento do sistema, procedemento e baremos que se aplicarán na selección do persoal directivo, docente e administrativo participante no programa de emprego “Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos”.

O Concello adxudica importantes intervencións nas zonas rurais e urbana cun valor de 285.000 euros

O Concello de Culleredo adxudicou importantes intervencións en materia de seguridade viaria e renovación de infraestruturas tanto nas zonas rurais como na urbana cun valor de 284.337,30 euros.

Serán cofinanciadas coa Unión Europea a través dos fondos FEDER. Trátase da renovación do parque infantil da praza Europa, a reforma e ampliación do centro cívico e social de Sueiro e a mellora da seguridade viaria nas zonas escolares de Culleredo.

Comeza o cribado poboacional mediante probas de antíxenos en Culleredo

O Centro de Saúde do Portádego acolleu esta tarde as primeiras probas de antíxenos destinadas á poboación de Culleredo entre os 18 e os 35 anos, e que continuarán mañá, sábado 10 de xullo. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina