O Concello de Culleredo anuncia a resolución definitiva das axudas PEL REACTIVA destinadas a autónomos e microempresas co fin de paliar as consecuencias económicas da pandemia no ano 2020.
Dende O Servizo de Dinamización , Formación e Emprego da Concellería de desenvolvemento local, cultura, festas e turismo do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.
O Concello de Culleredo informa que hoxe, mércores 24 de marzo, comezou un novo cribado entre a cidadanía do municipio para detectar casos positivos por coronavirus.
O Concello de Culleredo finalizou hoxe as notificacións provisionais da axuda do programa PEL REACTIVA da Deputación da Coruña.
O Concello de Culleredo fixo entrega hoxe dos premios aos gañadores do seu Entroido Choqueiro, o concurso telemático de disfraces organizado este ano ante o contexto sanitario. O acto tivo lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Unha vez efectuado o sorteo público do 23 de febreiro para seleccionar ao alumnado participante, o Concello de Culleredo, a través do servizo de Dinamización, Formación e Emprego dá comezo o proxecto de formación para sustentabilidade ambiental, que promove a formación, plantación e produción de horticultura ecolóxica, constituíndose como unha actividade lúdico-educativa enfocada a veciñas e veciños do municipio co fin de fomentar a participación cidadá na recuperación dunha agricultura respectuosa co medio ambiente.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER