ACTA DO SORTEO PÚBLICO REALIZADO PARA A SELECCIÓN DAS PERSOAS USUARIAS DOS HORTOS URBANOS DO XARDÍN BOTÁNICO DO BURGO E DO PAZO DE VILA MELANIA DE VILABOA

Consulta aquí a acta do sorteo público realizado para a selección das persoas usuarias dos hortos urbanos do xardín botánico do Burgo e do Pazo de Vila Melania de Vilaboa. 

 

Culleredo e A Coruña suman forzas para desenvolver en conxunto obradoiros de emprego

Os Concellos da Coruña e Culleredo decidiron unir forzas para impulsar en conxunto obradoiros de emprego, iniciativas co obxectivo de apoiar a inserción laboral dos veciños e veciñas, á vez que levar a cabo actuacións de interese para o municipio. 

CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE

O servizo de Xuventude, a través do CIPAX -Centro de informacion e Participación Xuvenil do Concello de Culleredo- lanza o curso de monitor/a de actividades de lecer e Tempo libre, que constará de 350 horas (200 teóricas e 150 practicas). Comezará o 10 de abril do 2021cun horario de 9:00 a14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas. Os sábados e domingos, será de 9:00 a14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Enquisa para elaborar o Plan de Mobilidade Urbana Sostible

O Concello de Culleredo pide colaboración para cubrir esta enquisa de cara a elaborar o seu Plan de Mobilidade Urbana Sostible. A meta é coñecer os hábitos de mobilidade da cidadanía.

O Concello de Culleredo acollerá a obra de teatro 'Crónica dunha heterosexual insatisfeita"

Respectando en todo momento as estritas medidas de seguridade fronte á COVID19 e seguindo as últimas indicacións da Xunta de Galicia e o seu comité clínico, o próximo venres, 26 de febreiro, ás 19:30 horas, o auditorio de Servizos Múltiples acollerá "Crónica dunha heterosexual insatisfeita".

'Rosalía' chegará ao Concello de Culleredo mantendo as estritas medidas de prevención

O próximo xoves, 25 de febreiro, ás 19:30 horas, Servizos Múltiples acollerá "Rosalía", dirixida por Fina Calleja e protagonizada por Cris Collazo e Rocío González. Manteranse as normas do protocolo COVID.

Emprazamento do sorteo de hortos urbanos do Concello de Culleredo

Para asistir como público ao sorteo do proxecto formativo para a sustentabilidade ambiental: plantación e produción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do Concello de Culleredo 2020/2024, comunicamos que o acto terá lugar o vindeiro día 23 de febreiro ás 10:00 horas no Centro Municipal de Formación e Emprego "Pablo Picasso", sito na rúa Antonio Machado, s/n, O Burgo, Culleredo. 

'A estrela de Rosalía' chega ás redes do Concello de Culleredo

Atentos e atentas ás redes do Concello de Culleredo porque este mércores 24 de febreiro teremos 'A estrela de Rosalía', con Marisa Irimia, para os nenos e nenas de 4 a 11 anos!

Datos definitivos do cribado poboacional dos municipios de Cambre e Culleredo

A Consellería de Sanidade vén de comunicarlle ao Concello os datos definitivos do cribado poboacional conxunto de Cambre e Culleredo. Para a nosa localidade, o 66,64% dos veciños acudiron á realización das probas, nas que se detectaron un total de 21 persoas positivas, unha taxa do 0,22%. 

Controis de mobilidade efectuados pola Policía Local de Culleredo

A Policía Local do Concello de Culleredo continúa intensificando os controis perimetrais e de mobilidade, para velar polo correcto cumprimento das normas sanitarias. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina