Acto público da Xunta de Goberno Local do luns 30 de novembro

A Xunta de Goberno Local do día 30 de novembro ás 13.30 horas tratará en acto público a resolución dos puntos incluídos na seguinte orde do día: 

1.- Aprobación da acta da sesión ordinaria realizada en data 23 de novembro de 2020. 

2.- Propostas. 

     2.1.-Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, proposta de adxudicación do contrato basado no acordo marco para a contratación do subministro de electricidade en alta e baixa tensión pola central de contratación da FEMP. 

3.- Dacións de conta.

     3.1.- Escritos e comunicacións. Publicacións oficiais. 

     3.2.- Resolucións e actividades das distintas concellerías delegadas. 

4.- Asuntos sobrevidos. 

5.- Rogos e preguntas. 


 

Culleredo celebrará un pleno ordinario mañá, xoves 26 de novembro

O Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 26 de novembro, un pleno ordinario coa seguinte orde do día: 

O Concello de Culleredo aprobou en pleno o Plan para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES)

O Concello de Culleredo aprobou no pleno do 29 de outubro de 2020 o Plan para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).

DÁLLE LIKE Á IGUALDADE

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, impulsa a campaña 'Dálle like á igualdade' de cara ao vindeiro 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para concienciar á sociedade da importancia de derrocar as actitudes e comportamentos machistas arraigados no noso modelo social. 
 
 
 

O Concello de Culleredo adhírese á Campaña 25N da Deputación de Coruña

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dende a Área de Igualdade da Deputación da Coruña ponse en marcha DE FRONTE á violencia de xénero, unha campaña e programa de actividades que apela directamente a implicación dos Concellos da provincia, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo e empresarial, familias, etc.

O Concello de Culleredo intensificará os controis nas zonas de paseo do municipio

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, mantivo este mediodía unha nova reunión coa Consellerías de Sanidade e cos representantes dos Concellos da área metropolitana afectados polo peche perimetral. O número de casos activos en Culleredo é hoxe de 74, o que supón 9 máis con respecto a hai 2 días.

 

MAÑÁ ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE PARA AS AXUDAS A AUTÓNOMOS E MICROEMPRESAS A TRAVÉS DO PROGRAMA PEL REACTIVA

O Concello de Culleredo fai públicas as axudas para os autónomos e microempresas de Culleredo a través do programa PEL Reactiva. 

O Concello de Culleredo celebrará mañá unha sesión plenaria urxente

O Concello de Culleredo celebrará mañá, mércores 18 de novembro, unha sesión plenaria de carácter urxente, coa seguinte orde do día:

1.- Pronunciamento do Pleno sobre a urxencia da sesión.

2.- Proposición relativa á aprobación do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano da Coruña.

Poderedes seguir a sesión en directo a través da canle oficial de Youtube do Concello de Culleredo: https://bit.ly/38QA4Cb.

Dará comezo ás 10:00 horas. 

Un novo directorio online para coñecer o comercio e hostalaría de Culleredo

O Concello de Culleredo estrea unha guía online para dar visibilidade ao sector do comercio, servizos e hostalaría do municipio. O obxectivo é facilitar á cidadanía a información do variado tecido económico local para incentivar as compras de proximidade, cuestión esencial especialmente polos efectos da pandemia.

O Concello tramita investimentos de 1,5 millóns financiados polo FEDER

O Concello de Culleredo inicia por case 1,5 millóns de euros a contratación de varios proxectos baixo fondos FEDER e dentro do plan Culleredo Vivo. Trátase da renovación dos centros sociais de Sueiro e Sésamo, o proxecto de humanización en Vilaboa e a mellora da seguridade viaria na zona escolar urbana do municipio. Estes traballos están cofinanciados pola Unión Europea a través de Fondos FEDER. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina