Corte de tráfico na avenida de Rutis desde o luns 10 de agosto

O Concello de Culleredo informa do corte ao tráfico que experimentará a avenida de Rutis desde o vindeiro luns 10 de agosto. Débese ás obras que acomete Unión Fenosa no tramo da liña de alta tensión que comprende entre Acea de Ama e Vilaboa.

Sesión ordinaria do Pleno da Corporación de Culleredo con data 30 de xullo

O Concello de Culleredo celebrará a sesión plenaria ordinaria mañá, xoves 30 de xullo, na que se tratarán os seguintes puntos:

Culleredo presenta un programa referente no teatro, na música e na danza con 24 eventos culturais de setembro a marzo

O Concello presentou esta mañá a súa ‘Culleredo en escena’, a programación cultural que dará comezo en setembro e estenderase ata marzo do 2021. Dentro do amplo programa de eventos encádrase o ‘I Ciclo Cultura Con Conciencia’ para público familiar e adulto.

 

O Concello de Culleredo prepara unha liña 010 de atención continuada á veciñanza

O Concello de Culleredo está a preparar un servizo de atención cidadá 010 para dar cobertura ás demandas dos veciños e veciñas con horario ampliado. Contémplase tamén a mellora da sede electrónica, dentro dun proxecto que estará listo no primeiro semestre de 2021.

Pleno de Culleredo con data 22 de xullo de 2020

O Concello de Culleredo celebra mañá unha sesión plenaria que terá lugar na Casa do Concello ás 10:00 horas. 

Concertos con vida

O Concello de Culleredo impulsa unha programación cultural especial para este verán, adaptada ao contexto da COVID-19. Trátase do ciclo 'Concertos con vida', que se desenvolverá durante varios venres desde o 24 de xullo ata o 28 de agosto.

Culleredo conforma a brigada social con 10 persoas contratadas durante 9 meses

O Concello de Culleredo amosa o seu apoio á veciñanza que se atopa en situación de risco social. O goberno local efectuou a contratación de 10 persoas para conformar unha brigada de medio ambiente e obras.

OBRADOIROS LÚDICO EDUCATIVOS DO CONCELLO DE CULLEREDO

O Concello de Culleredo impulsará durante os meses de xullo e agosto os talleres lúdico educativos, baixo as denominacións 'Menuda tribo',  ‘Cullernautas’ e ‘Somos unha piña’. Estarán dispoñibles en tres quendas: a do 20 ao 31 de xullo; a do 3 ao 14 de agosto e a do 17 ao 28 de agosto. 

Pleno ordinario do Concello de Culleredo, con data 25 de xuño

O vindeiro xoves, 25 de xuño, terá lugar a sesión ordinaria do Pleno do Concello de Culleredo, ás 13:30 horas e que se poderá seguir en vivo a través da canle oficial de YouTube. 

Podes acceder a canle premendo aquí

LISTAXE NOTAS DAS PROBAS DE ACCESO A 1º GRAO PROFESIONAL PARA O CURSO 2020-2021

LISTAXE NOTAS DAS PROBAS DE ACCESO A 1º GRAO PROFESIONAL PARA O CURSO 2020-2021.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina