O goberno local tramita a licitación da instalación dunha cuberta no CEIP Sofía Casanova de Vilaboa sobre o patio infantil do centro. O obxectivo da actuación consistirá en protexer aos pequenos das inclemencias meteorolóxicas.
As medidas contra o absentismo e o fracaso escolar constitúen unha prioridade nas políticas sociais e educativas do Concello de Culleredo. Esta aposta acaba de ter o recoñecemento do Ministerio de Educación e da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
A Sección da Escola Oficial de Idiomas en Culleredo está a ofertar as derradeiras prazas vacantes para matricularse por oficial neste curso 2015-16.
O Concello de Culleredo ofrece clases públicas de reforzo escolar aos alumnos de 3º ciclo de Primaria (5ºe 6º), a ESO (1º a 4º) e FPB. E tamén prepara aos maiores de 18 que opten ás probas libres da ESO.
O Concello de Culleredo denuncia un novo recorte no cadro de profesores de apoio (Pedagoxía Terapéutica) no CEIP Isaac Díaz Pardo do Burgo, dado a coñecer a pasada semana pola Consellería de Educación. Para o goberno municipal isto supón unha diminución para a atención dun alumnado con claras necesidades específicas.
Culleredo e a rexión italiana de Calabria presentaron en rolda de prensa os resultados do proxecto conxunto "Schoolab" desenvolvido desde 2013 co obxectivo común de combater o absentismo escolar. Técnicos de España e Italia reuníronse en Vila Melania para analizar os resultados logrados do traballo de dous anos.
O Concello de Culleredo celebra o venres 19 ás 20.30 horas a reunión informativa para as familias participantes nos campamentos urbanos deste verán.
No seu traballo de apoio á educación, o Concello de Culleredo lanza un programa formativo para os adultos, especialmente os mozos, que abandonaron os estudos sen finalizar secundaria. Trátase do programa SuperaT, que terá lugar durante o verán.
Baixo a premisa de que é importante que os escolares coñezan as orixes e os recursos do municipio no que viven, o Concello organiza rutas didácticas para descubrir a historia e a natureza de Culleredo. Son uns 700 escolares os que participan.
O Concello acaba de recibir da Xunta os datos de matrícula nas tres escolas infantís do municipio: son 251 pequenos os que quedan en lista de agarda. O goberno local defenderá a apertura dunha cuarta escola.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER