O Concello de Culleredo proporá que o paseo marítimo da ría do Burgo pase a denominarse "Paseo Marítimo Alcalde Julio Sacristán", en recordo a quen foi rexedor do municipio durante 34 anos e unha figura clave na transformación urbana, social e económica.
O Concello de Culleredo lamenta profundamente o pasamento de Julio Sacristán de Diego, alcalde do municipio entre 1983 e 2017, e declara tres días de loito oficial. Descanse en paz.
O Concello de Culleredo ofrece a APP Código Violeta para as festas de Vilaboa e O Burgo, polo seu carácter multitudinario. Trátase dunha aplicación móbil que permitirá a quen poida estar a sufrir unha situación de perigo emitir un aviso automático e urxente ás forzas de seguridade que conforman o operativo na zona.
Todos os aspirantes coa proba de acceso a 1° de grao elemental aprobada e que no escolleran instrumento na reunión do 12 de xuño, están convocados o luns 14 de xullo ás 17:00 horas a unha nova reunión no conservatorio. Ofertaranse as novas vacantes para o vindeiro curso 2025/26.
O Conservatorio Profesional de Música de Culleredo informa de que os aprobados na proba de acceso de 1° de grao profesional que obtiveron praza teñen aberto o prazo para matricularse. Estará aberto desde o luns 16 de xuño ata o día 19, xoves.
Con motivo da celebración das festas do San Xoán 2025, resulta necesario regular algúns aspectos da nosa convivencia cidadá.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER