Estrutura Política

 

Área de Presidencia

Á área de Presidencia correspóndelle a coordinación das diferentes áreas municipais, as relacións institucionais, protocolo, planificación estratéxica, comunicación social (web municipal, redes sociais, radio e periódico municipais).
Ocúpase esta área da planificación estratéxica, mobilidade e transporte.
Correspóndenlle tamén a esta área todas aquelas materias non asignadas expresamente a outra área de goberno.

Corresponderá á Alcaldía, a través da Área de Presidencia, a coordinación do funcionamento das áreas municipais, así como a resolución das cuestións que xurdan en torno á adscrición a unha área determinada dunha concreta materia.

 
Responsable político: D. José Ramón Rioboo Castro, Alcalde-Presidente.
 
Sede: Casa do Concello
 
Rúa do Concello, 12 - Tarrío
 
Tlfno: 981 677 777

 

Área de Política social, Mocidade e Promoción do Deporte

Esta área xestiona as competencias municipais en materia de prestación de servizos asistenciais aos cidadáns, de atención ás situacións de marxinación e exclusión social, medidas de integración social, programas de inserción laboral, políticas de muller e atención aos maiores. Correspóndelle a esta área tamén as políticas municipais de igualdade entre homes e mulleres e e contra a violencia de xénero.
Nos campos de sanidade intégranse nesta área as políticas municipais de protección da salubridade pública, cemiterios e actividades funerarias.
Ocúpase esta área do voluntariado.
Tamén xestiona as políticas municipais en materia de promoción do deporte, instalacións deportivas, as relacións con clubes, entidades e asociacións deportivas, así como a relación coas federacións deportivas.
Xestiona tamén as políticas municipais de ocupación do tempo libre dirixidas á mocidade, a programación de actividades e das infraestruturas e as relacións con entidades xuvenís .

 
Responsable política: Dna. María Guadalupe Pombo Carril, 1ª Tenente de Alcalde.
Concelleiro delegado de Deportes e Xuventude: D. Miguel Suárez García.
Concelleira delegada de Maiores: Dna. Susana Amor Fernández.
 
Sede: Centro municipal de Servizos Sociais
 
Rúa Costa da Lonxa, 7 - O Burgo
 
Tlfno: 981 654 570

 

Área de Urbanismo

Esta área comprende a xestión das competencias municipais sobre a ordenación do territorio e o urbanismo, cuestións relativas a plans e instrumentos de ordenación urbanística, xestión urbanística, concesión de licenzas urbanísticas e de actividades, comunicacións previas e declaracións responsables de obras e actividades, disciplina urbanística, expropiacións por razóns de urbanismo, redacción de instrumentos de ordenación urbanística.

 
Responsable político: D. Diego Antonio Taibo Monelos, 2º Tenente de Alcalde.
 
Sede: Casa do Concello
 
Rúa do Concello, 12 - Tarrío
 
Tlfno: 981 677 777 

 

Área de Seguridade Cidadá e Persoal

A esta Área correspóndelle a xestión da seguridade cidadá, control e ordenación do tráfico en vías urbanas, emerxencias , protección civil, policía local.
No eido de persoal correspóndelle a xestión de persoal, os aspectos relativos á organización do Concello e ós métodos de traballo.

Responsable política: Dna. Marta María Figueroa Fuentes, 3ª Tenente de Alcalde.
 
Persoal
 
Sede: Casa do Concello
 
Rúa do Concello, 12 - Tarrío
 
Tlfno: 981 677 777
 
Seguridade Cidadá
 
Sede: Villa Lucinda
 
Rúa María Cagiao, 10 - Rutis
 
Tlfno: 981 677 755
 
 

Área de Desenvolvemento local, Cultura, Festas e Turismo

Esta área xestiona as políticas municipais tendentes á dinamización e potenciación da vida económica local, a fixación de obxectivos para a promoción das actividades económicas do Concello, as relacións cos axentes sociais e o fomento de actividades económicas, todo isto a través da cooperación en plans daquelas políticas públicas que incentiven ou propugnen o desenvolvemento de sectores produtivos e de actividades económicas para un desenvolvemento axeitado da vida económica do municipio.
Esta área xestiona os plans de formación con organismos públicos,e os programas de cooperación así como a xestión das escolas obradoiros.
Correspóndelle tamén a esta área a xestión de políticas municipais en materia de comercio, e as relacións coas asociacións de empresarios e comerciantes.
No eido da dinamización local, correspóndelle a esta área a xestión de políticas municipais en materia de promoción dos valores turísticos do Concello, mercados, feiras, eventos e festas.
No eido da cultura, esta área xestiona as políticas municipais de promoción da cultura e equipamentos culturais, museos e exposicións de acordo coas competencias que teña atribuídas o Concello.
 
Responsable político: D. Juan Carlos Iglesias Lovelle, 4º Tenente de Alcalde.
Concelleira delegada de Cultura: Dna. María Penélope López Díaz.
Concelleiro delegado de Comercio local: D. Mario Alfonso Iglesias Gómez.
 
Sede: Centro de Formación Pablo Picasso
 
Rúa Antonio Machado, s/n - O Burgo
 
Tlfno: 981 664 204

 

Área de Facenda, Patrimonio e Administración electrónica

A esta área correspóndelle a preparación dos orzamentos, o seguimento e control dos orzamentos, política fiscal, preparación de ordenanzas fiscais e prezos públicos, seguimento e control de investimentos, autorización, disposición de gastos, recoñecemento de obrigas e ordenación de pagamentos, así como da aprobación das liquidacións de ingresos.
Correspóndelle tamén o impulso e difusión do uso das tecnoloxías da información e a Administración electrónica, a promoción e implementación das TIC de xeito transversal, o control de ferramentas tecnolóxicas hardware e software a coordinación do funcionamento da Administración municipal, a axilización da tramitación de procedementos .
Correspóndelle tamén a xestión patrimonial do Concello, inventario de bens, dereitos e obrigas, administración e defensa do patrimonio municipal.
No eido da contratación esta área asume a xestión dos procedementos de contratación do Concello.

 
Responsable política: Dª. Marta María Iglesias Becerra, 5ª Tenente de Alcalde.
 
Sede: Casa do Concello
 
Rúa do Concello, 12 - Tarrío
 
Tlfno: 981 677 777

 

Área de Medio Ambiente, Obras e Servizos

No eido dos servizos xestiona os servizos básicos municipais, ciclo da auga, recollida de residuos, limpeza de vías públicas, alumeado público. Inclúese o mantemento de vías públicas e infraestruturas urbanas (mobiliario urbano, redes de servizos...), a inspección e control de servizos públicos que se prestan a través de terceiros, o mantemento e conservación de parques, xardíns e zonas verdes, así como o mantemento de edificios e instalacións municipais, a xestión da utilización da vía pública , as autorizacións relativas á posesión de animais potencialmente perigosos.
No eido do medio ambiente correspóndelle a xestión das políticas municipais de medio ambiente.
Asemade correspóndelle a planificación das obras municipais, a preparación dos plans de obras e a aprobación de proxectos de obras de nova planta.

 
Responsable político:  D. Carlos Enrique Liñares Gestal, 6º Tenente de Alcalde.
 
Sede: Casa do Concello
 
Rúa do Concello, 12 - Tarrío
 
Tlfno: 981 677 777
 

Área de Participación cidadá, Educación e Medio Rural

A esta área correspóndelle a xestión das políticas municipais de participación cidadá, o impulso e coordinación do asociacionismo municipal, rexistro de asociacións , coordinación dos consellos sectoriais, coordinación da atención ao cidadá, persoal e telefónica, seguimento das queixas e suxestións dos cidadás tanto as presentadas no Concello como as formuladas ante/polo Vaedor do Pobo e,a participación dos cidadás no uso das tecnoloxías da información e das comunicacións, e a análise do estado das parroquias a través do cidadá , así como a posta en valor do medio rural.
No ámbito da educación esta área se ocupa da vixilancia do cumprimento da escolaridade obrigatoria e da cooperación coas Administracións educativas na obtención dos terreos necesarios para a construcción de novos centros docentes, a conservación, mantemento e vixilancia dos edificios de titularidade municipal destinados a centros públicos de educación infantil, de educación primaria ou de educación especial, e a utilización dos equipamentos educativos de competencia municipal e a programación.

 
Responsable política:  Dna. Yessica Méndez Sánchez, 7ª Tenente de Alcalde.
 
Sede: Edificio de Servizos Múltiples
 
Rúa Ramón Cabanillas, 14 - O Burgo
 
Tlfno: 981 665 597
 
 

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina