No Conservatorio Profesional de música de Culleredo impártense as ensinanzas elementais e as ensinanzas profesionais de música de acordo co novo marco normativo, a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Ademais destas ensinanzas regradas, ofértanse dous cursos de iniciación á música para os máis pequenos. As idades de ingreso son as seguintes:
O tempo lectivo semanal comprende dúas sesións dunha hora cada unha.
A finalidade do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música é promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión musical adquira a calidade artística necesaria que permita acceder ao grao profesional
As especialidades das ensinanzas elementais de música que ofertamos son as seguintes:
Acordeón - Clarinete - Frauta traveseira - Guitarra - Percusión - Piano - Saxofón - Trompeta - Viola -Violín - Violoncello.
Para acceder ás ensinanzas de Grao Elemental de música será requisito imprescindible superar unha proba específica de acceso, que garante os principios de igualdade, mérito e capacidade.
O procedemento de acceso ao primeiro curso atenderá exclusivamente á avaliación das aptitudes musicais das persoas aspirantes e á idade idónea para iniciar os seus estudos nas especialidades instrumentais.
A proba para avaliar as aptitudes musicais incluirá, polo menos, os seguintes aspectos:
a) Exercicio para avaliar a aptitude rítmica.
b) Exercicio para avaliar a aptitude auditiva e vocal
c) Exercicio para avaliar a aptitude psicomotriz
Poderase acceder a calquera outro curso do grao elemental ser ter superados os anteriores, sempre que se supere a correspondente proba. En calquera caso, o acceso estará supeditado á existencia de prazas vacantes para na especialidade solicitada.
Estas probas avaliarán, ademais das aptitudes e da idade idónea, a capacidade e os coñecementos dos alumnos e das alumnas para continuar os estudos nas especialidades instrumentais para as que se solicite a praza.
En todo caso, a idade mínima de acceso será de oito anos e a máxima de catorce anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural.
As ensinanzas profesionais de música teñen como finalidade proporcionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación de futuros profesionais da música.
As especialidades das ensinanzas elementais de música que ofertamos son as seguintes:
Acordeón - Canto - Clarinete - Frauta traveseira - Guitarra - Percusión - Piano - Saxofón - Trompeta -Violín - Violoncello.
Para acceder ao primeiro curso das ensinanzas profesionais de música cumprirá superar unha proba específica de acceso. Mediante esta proba valorarase a madureza, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais, de acordo cos obxectivos establecidos neste decreto.
Para todas as especialidades, agás para a de canto, a devandita proba consistirá en:
a) Interpretación, no instrumento da especialidade a que opte, de tres obras pertencentes a distintos estilos, das cales, como mínimo, unha debería interpretarse de memoria.
b) Exercicio para avaliar a capacidade auditiva do alumnado e os seus coñecementos teóricos e prácticos da linguaxe musical.
Para a especialidade de canto, a proba consistirá en:
a) Interpretación de tres obras de diferentes estilos, libremente elixidas pola persoa aspirante, das cales unha será de repertorio lírico.
b) Exercicio para avaliar a capacidade auditiva do alumnado e os seus coñecementos teóricos e prácticos da linguaxe musical.
Poderase acceder a calquera outro curso das ensinanzas profesionais sen ter cursados os anteriores sempre que a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.
Esta proba constará de dous exercicios:
a) Interpretación, no instrumento ou coa voz, de tres obras de diferentes estilos, do nivel correspondente ao curso inmediatamente anterior ao que se opte e das cales, como mínimo, unha deberá interpretarse de memoria.
b) Exercicio teórico - práctico para valorar os coñecementos das materias dos cursos anteriores a que se opte.
A puntuación definitiva da proba citada será a media ponderada da cualificación obtida en ambos exercicios. Para estes efectos ponderase o primeiro deles nun 70 % e o segundo nun 30%.
No centro
Fóra do centro
Horario de Atención ao Público:
LUNS-MÉRCORES-XOVES-VENRESEdificio de Servizos Múltiples do Burgo: 10:00 a 14:00 horasTeléfono: 981 665597MARTESConservatorio Municipal: 10:00 a 14:00 horasTeléfono: 981 667798
Horario lectivo:
De 16:00 a 21:30 horas
Contacto:
R/ Andrés Pan Vieiro, nº 30, Acea de Ama - O Burgo - Culleredo
Teléfono: 981 66 77 98
Fax: 981 65 46 44
Correo electrónico: conservatorio@culleredo.org
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
acordeon_2018-19.pdf | 318.25 KB | |
canto_2018-19_1.pdf | 660.55 KB | |
clarinete_2018-9.pdf | 755.98 KB | |
conxunto_todas_especialidades_2018-19.pdf | 660.73 KB | |
conxuntotodas_agas_piano_2018-19.pdf | 51.28 KB | |
coro_2018-2019.pdf | 117.48 KB | |
frauta_2018-19.pdf | 1.07 MB | |
guitarra_2018-19.pdf | 837.59 KB | |
harmonia_2018-19.pdf | 274.8 KB | |
historia_da_musica_2018-19.pdf | 250.63 KB | |
idiomas_aplicados_ao_canto_2018-19.pdf | 862.26 KB | |
itinerario_de_pedagoxia_2018-19.pdf | 280.21 KB | |
musica_de_camara_2018-19.pdf | 383.77 KB | |
nntt_2018-19.pdf | 412.06 KB | |
optativa_jazz_2018-19.pdf | 111.55 KB | |
orquestra_2018-19.pdf | 769.64 KB | |
percusion_2018-19.pdf | 528.44 KB | |
piano_2018-19.pdf | 1.01 MB | |
piano_complementatio_2018-19.pdf | 707.08 KB | |
repentizacion_e_acompanamento_2018-19.pdf | 526.03 KB | |
saxofon_2018-19.pdf | 977.7 KB | |
violin_2018-19.pdf | 579.02 KB | |
violoncello_2018-19.pdf | 603.65 KB | |
programacion_linguaxe_2018-19_pdf.pdf | 212.19 KB |
Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER