Culleredo é un municipio galego situado no bloque central da provincia da Coruña. Conta cunha superficie de 63,2 km2 na que se integran as 11 parroquias que conforman o seu territorio. De norte a sur: Rutis, O Burgo, Almeiras, Culleredo, Orro, Sésamo, Sueiro, Ledoño, Veiga, Celas e Castelo. O municipio ten como límites, polo norte, a cidade da Coruña e, ao outro lado da ría do Burgo, o mar; polo sur, o termo municipal de Cerceda; polo leste, os termos municipais de Oleiros, Cambre e Carral; e, polo oeste, coa Coruña, Arteixo e Laracha.
Vías de comunicación:
Un aspecto a destacar do municipio de Culleredo é a súa inmellorable situación. As principais vías de comunicación pasan polo termo municipal.
(Pulsa no mapa para localizar Culleredo nos mapas de Google)
O paso coas súas respectivas entradas da autoestrada A-9 e da autovía A-6 polo termo municipal supoñen un factor clave de localización para determinadas actividades.
Ademais, dentro do termo municipal, atópase o aeroporto de Alvedro, que presenta unha ampla cobertura de voos e enlaces tanto nacionais como internacionais.
Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER