MOSTRA DE EDUCACIÓN VIARIA , CULLEREDO 2007
DATOS XERAIS
ORGANIZADOR:
CONCELLO DE CULLEREDO, concellarías de Educación e de Seguridade Cidadá.
DATA: sábado día 21 de abril de 2007 de 10:00 a 14:00 horas
LUGAR: instalacións da Fundación Deporte Galego en Acea de Ama.
COLABORADORES:
Fundación Deporte Galego, Dirección Xeral de Tráfico, bombeiros 112, Fundación pública urxencias sanitarias de Galicia-061, Cruz Vermella, garda civil de tráfico, Stop Accidentes, Protección Civil de Culleredo, J.R.S. Tuning club, Asociación Veterancar Coruña, S.M.D. Quads, YA-CAR, Nión Motor, Grúas Garaboa, Seguros Mapfre...
COLABORACIÓN ESPECIAL DE RADIO CULLEREDO.
PATROCINADORES:
Escola de condutores San Martín, Haley, Ópticos Sanchez Rubal, Vifer, Vaz-Pol Motor, S.L., AD Grupo Regueira S.A., Representaciones Sanjurjo, Bran-Serigrafic S.L., Autolavados Coruña e Begano, S.A....
ANTECEDENTES:
O Concello de Culleredo leva 16 anos traballando conxuntamente cos centros escolares do municipio no apoio á consecución de obxectivos de educación viaria que permitan á cidadanía responsabilizarse na prevención de accidentes.
Debido á repercusión que un comportamento inaxeitado nas vías públicas, tanto como peón como condutor , pode ter para un mesmo e para o resto da cidadanía, viuse a necesidade de achegar este programa a outros colectivos importantes que estaban a sufrir as desagradables consecuencias da siniestralidade viaria: o colectivo de persoas maiores, os/as adolescentes e os/as menores de 6 anos que, desgrazadamente, engrosan moitas das estatísticas de feridos ou mortos que sistematicamente mostran diversos organismos oficiais.
Desde o curso 1999-2000, estes programas das concellarías de Educación e de Seguridade Cidadá exclusivamente dirixidos a escolares, comezaron a impartirse noutros colectivos cullerdenses, poñéndose en marcha a denominada 1ª Campaña de educación viaria escolar que, sen interrupcións, vai xa pola súa 8ª edición.
8ª Campaña de educación viaria escolar 2006-07
A 8ª Campaña de educación viaria escolar 2006-07 iniciouse no mes de setembro coa presentación da mesma en todos os centros municipais aos que vai dirixida, e a posta en marcha comezou no mes de outubro con diversas clases impartidas por 4 axentes especializados en educación viaria da Concellaría de Seguridade Cidadá.. No mes de decembro impartíronse diversos obradoiros dirixidos aos cativos e cativas de 3 a 6 anos e no mes de febreiro a asesora pedagóxica da DXT, Raquel Navas, impartiu unha charla ás familias con alumnado en educación infantil. No 2º trimestre escolar todo o alumnado de 6º de primaria participa nas clases teóricas e prácticas. O alumnado de 3º e 4º de secundaria, así como o colectivo de persoas maiores, participou no 3º trimestre de curso nas clases que impartiron os especialistas en educación viaria. O alumnado do Centro Ocupacional municipal A Escada iniciou o programa no mes de outubro e rematarán o mesmo no mes de xuño, completándose así o programa no total de colectivos que o solicitaron.
Como clausura desta campaña, realízase esta Mostra de educación viaria coa intención de abarcar a toda a poboación e así conseguir un dos obxectivos da mesma: a concienciación do maior número posible de persoas da necesidade de responsabilizarse individual e colectivamente na prevención de accidentes nas vias públicas.
PARTICIPANTES:
1) CRA de Culleredo ( E.I.). Todo o alumnado, nais e pais.
Nº DE PARTICIPANTES:
Centros escolares: 1.209.
Nais e pais: 30.
Persoas maiores: 216.
Centro Ocupacional: 15.
O total de participantes nesta edición chega a preto de 1.500 persoas de entre 3 e 80 anos.
PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA ESCOLAR
Catro axentes especializados en educación viaria da Policía local de Culleredo impartiron o programa.
Unha técnica do Servizo municipal de Educación coordinou o mesmo.
OBXECTIVO XERAL:
Pretendemos:
Concienciar ao maior número posible de persoas da necesidade de responsabilizarse individual e colectivamente na prevención de accidentes nas vias públicas.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
Segundo o colectivo co que traballamos, a metodoloxía e os obxectivos varían para axustalos ás diferentes realidades:
En EDUCACIÓN INFANTIL, pretendemos fomentar no neno/a, coa colaboración directa do profesorado e a familia, actitudes de conciencia cidadá e hábitos axeitados como peón e usuario de medios de transporte.
En EDUCACIÓN PRIMARIA queremos que coñezan os distintos tipos de vìas do contorno, os sinais e os perigos que afectan aos usuarios/as das vías públicas como peóns, que aprendan condutas e normas sobre o uso correcto do transporte público e privado e que adquiran responsabilidades como usuarios /as das vías públicas na súa faceta como condutores/as de bicicletas.
En EDUCACIÓN SECUNDARIA, e partindo das necesidades reais destas idades, sensibilizamos acerca da obriga de utilizar os dispositivos de seguridade xa sexa como pasaxeiros/as ou como condutores/as de vehículos a motor de dúas rodas.
No colectivo de PERSOAS MAIORES, facemos obradoiros nos que analizamos hábitos e condutas incorrectas co obxectivo de favorecer cambios de actitudes nas súas facetas como peóns e usuarios/as de transportes individuais e colectivos.
QUE PRETENDEMOS
Informar e concienciar a toda a poboación en valores de responsabilidade cívica con respecto ás normas de seguridade viaria.
Para conseguir este obxectivo, pretendemos abarcar con este programa a totalidade da poboación escolar de Culleredo que se matriculou nos centros públicos e concertados, aos pais e nais que están, co seu exemplo, influíndo para ben ou para mal nos/as seus/súas fillos/as, chegar ao colectivo da mocidade que acaba de convertirse en condutora, aos colectivos de adultos en xeral que levan anos conducindo e conducíndose como peóns e que necesitan unha actualización de coñecementos, e aos colectivos de inmigrantes.
A ONDE QUEREMOS IR
1.- prevención = educación viaria
2.- investimento = mellora de infraestruturas
3.- vixilancia = cumprimento das normas
Queremos conseguir un Culleredo máis seguro e sen accidentes, tal e como indica o lema da campaña coa implicación de todos os servizos do Concello en particular e de toda a cidadanía en xeral.
Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER