Día Internacional da Muller Rural

O vindeiro domingo, día 13 de outubro, terá lugar en Culleredo a celebración conmemorativa polo Día Internacional da Muller Rural, no parque da Torre de Celas. 

Ás 12:00 horas terá lugar a apertura da feira, cunha mostra de proxectos xestionados por mulleres da bisbarra: Abeluria, A Castrexa, APEM, As Composeiras, Conchas y Caracolas, Cholita de Corme, Eco e Natural, Floradeira, Fundación Mujeres, Libraría Entrecontos, Libraría Piedra, Papel, Tijera; María Míguez, Na Ristra, Rafaela Osende, Soledad Martínez...

Ás 13:00 horas actuará a monologuista Marga Lago.

Ás 13:30 horas, quenda das Regueifeiras Lupe Blanco e Alba María. 

O xantar celebrarase ás 14:30 horas, con churrasco, pan, viño e larpeira. Está organizado pola Asociación de Mulleres As Berenguelas. 

Ás 16:00 horas, animación musical para @s máis pequen@s.

"Ancoradoira" tomará lugar no escenario ás 17:00 horas. "Os Batuxeiros", ás 17:30 horas. Por último, ás 18:00 horas, quenda do grupo de folk tradicional "Volta e Dalle". 

Dentro da programación do Día Internacional da Muller Rural, o luns 14 de outubro presentarase o libro "Fauces feroces", de Enma Pedreira ás 19:00 horas no Centro Social Amparo Prego Ruibal, de Celas. 

O martes 15 de outubro, as poetas Laura Rey e Nuria Otero intervirán na exposición fotográfica "A muller no rural", de Gema Castelo, ás 19:00 horas no Centro Amparo Prego Ruibal, de Celas.

O mércores 16 de outubro as Vellucas de Cosme actuarán ás 18:00 horas na Rectoral de Celas, coa obra "Os Rodríguez van de vacacións". 

O grupo A Fraga dos Libros representará a función "Claro e directo", "A Comisión de festas" e "A cadeira que veu de Europa, Ke idea", na Rectoral de Celas o xoves 17 de outubro

O venres 18 de outubro, quenda de teatro infantil do grupo "Os teatreiros da Peña O Cruceiro" coas obras "O Bosque Animado" e "A Consulta do Doutor Bo Día", baixo a dirección de Ana Abad, ás 18:00 horas no Local da Torre de Celas. 

 

 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina