Queres formar parte dos clubs de lectura das bibliotecas de Culleredo? Pois ben, o proceso de inscrición comeza o vindeiro luns, 2 de setembro. Poderás facelo en persoa na do Burgo, así como no enderezo electrónico bibliotecas.municipais@culleredo.es ou no teléfono 981 66 55 97.
O Concello de Culleredo impulsará unha terceira edición do programa de formación e emprego ‘Culleredo Activo’, no que 20 persoas en situación de desemprego - 14 de Culleredo e 6 da Coruña - poderán formarse nas especialidades de operacións básicas de revestimentos lixeiros e técnicos en construción; así como en traballos de carpintería e mobles.
O goberno de Culleredo iniciou o desenvolvemento da iniciativa ‘CulleredoVivo Vive’, que dá continuidade á anterior EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado), denominada CulleredoVivo. O Concello está a impulsar así a súa Axenda Urbana a través desta Estratexia Territorial Integrada (ETI) e o punto de partida é a confección dun Plan de Acción Integrado (PAI) que marcará a folla de ruta e posibilitará optar ao financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Este plan, con participación cidadá, busca un desenvolvemento sostible nunha tripla dimensión ambiental, económica e social.
O Concello de Culleredo organiza os seus tradicionais trofeos de fútbol nos que participan os clubs do municipio. Son os seguintes: XXV Trofeo de Fútbol Veteranos, XLV Trofeo de Fútbol Afeccionado, VI Trofeo de Fútbol Feminino e X Trofeo de Fútbol Base.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e a primeira tenente de alcalde, Cristina Pardo, recibiron esta mañá a Francisco Gómez, novo tenente do posto principal da Garda Civil no municipio.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER