O goberno de Culleredo segue apostando pola formación como camiño para garantir a calidade do servizo de Protección Civil. Neste caso, o curso básico de primeiros auxilios reuniu a un total de 26 voluntarios das distintas agrupacións da comarca.
Esta edición dos campamentos urbanos de verán do Concello de Culleredo será multitudinaria. O goberno municipal decidiu incrementar as prazas para previstas, para poder dar servizo a todas as familias cullerdenses que as solicitaron.
O Concello de Culleredo conmemorará a festividade das Letras Galegas cun amplo programa de actos, dirixido para veciños de todas as idades. A xornada principal será o propio sábado 17, cun conxunto de actos no Burgo que xuntarán previsiblemente por centos de veciños do municipio e arredores.
O Concello de Culleredo ten aberto o prazo de inscrición nos campamentos deportivos da Deputación da Coruña para este ano. Os interesados poden anotarse ata o día 19 nos rexistros municipais.
O pasado venres 9 de maio deu inicio no Edificio Electo Carballo a fase final do XVI Campionato de Tute Concello de Culleredo. Son un total de 66 parellas as clasificadas, nas distintas sedes.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER