O Grupo Naturgy vén de informar ao Concello de Culleredo dunha serie de cortes programados na subministración eléctrica de varios puntos do municipio, para a madrugada do vindeiro xoves, 26 de setembro, en Acea de Ama.
O Concello de Culleredo publica as listaxes definitivas de persoas inscritas nas actividades culturais e deportivas 2019-2020, unha vez realizado o sorteo público naquelas con máis solicitudes que prazas.
O pasado domingo, 4 de agosto, arrincaba o XLII torneo de fútbol afeccionado Concello de Culleredo, onde o Olímpico de Rutis "A" - AD Culleredo se enfrentaban. Como resultado final, 3-1 a favor do conxunto de Rutis.
O sorteo de prazas dos Campamentos de verán da Deputación Provincial da Coruña realizarase o día 3 de xullo ás 10:00 horas no Edificio de Servizos Múltiples.
Todos os inscritos e inscritas nos Campamentos de verán alternativos do Concello de Culleredo están admitidos. Mentres tanto, no Campamento H2O, como hai máis inscritos que prazas, realizase un sorteo de maneira pública o vindeiro mércores 19 de xuño ás 12:00 horas, no Centro Municipal Pablo Picasso.
O Club Natación Culleredo e o Club Natación As Mariñas ceñebran cursos de natación neste verán, coa colaboración do Concello. A continuación pódese obter toda a información.
O Concello de Culleredo prepárase para a celebración de San Xoán, unha festa moi arraigada no municipio. Para regular o festexo, o Concello acaba de publicar o bando onde se recollen as normas de convivencia básicas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER