Anuncios de Actividade Municipal

Campamentos deportivos de verán 2023 da Deputación

O Concello de Culleredo participa nos Campamentos deportivos de verán 2023 da Deputación Provincial da Coruña, en concreto na segunda quenda, que transcorre dende o 9 ao 14 de xullo.

Proposta provisional de concesión de subvencións municipais

O Concello de Culleredo publica a proposta provisional de aprobación de solicitudes de concesión de subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo para a reactivación do tecido asociativo e para atender as necesidades xurdidas como consecuencia da crise sanitaria provocada pola Covid-19.

O vindeiro 17 de maio terá lugar unha nova edición da Feira de Artesanía

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, terá lugar unha nova edición da Feira de Artesanía.

Lista de persoas admitidas no curso oficial de monitor/a de actividades de tempo libre

Consulta aquí a lista de persoas admitidas no curso oficial de monitor/a de actividades de tempo libre.

Prazas vacantes nas escolas municipais deportivas

O Concello de Culleredo publica a lista de prazas vacantes nas escolas municipais deportivas. Poderanse solicitar do 4 ao 21 de abril no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

Lista de persoas agraciadas cunha praza nos cursos de iniciación a surf en Semana Santa 2023

Lista de persoas agraciadas cunha praza nos cursos de iniciación a surf en Semana Santa 2023

CURSOS DE APOIO PARA A PREPARACIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE 2023

Desde o Servizo de Dinamización, Formación e Emprego da concellería de Desenvolvemento Local, Cultura, Festas e Turismo do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.

Subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo para a reactivación do tecido asociativo

Nomeamento das persoas que de seguido se citan como membros da Mesa da Avaliación a constituír para a valoración das propostas presentadas ao abeiro da convocatoria pública de subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo para a reactivación do tecido asociativo.

Acto público na xunta de goberno local do 13 de marzo de 2023

 

O Concello de Culleredo informa de que a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, do día 13 de marzo de 2023 ás 13.30 horas tratará como o acto público fóra da orde do día, a Contratación do servizo de prevención alleo.

Prazas vacantes nas escolas municipais culturais e deportivas

O Concello de Culleredo publica a lista de prazas vacantes nas escolas municipais culturais e deportivas. Poderanse solicitar do 2 ao 20 de xaneiro no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

Pleno extraordinario 3 de marzo de 2023

O Concello de Culleredo celebra o venres 3 de decembro de 2023, ás 10.00 horas, a sesión extraordinaria do pleno da corporación.

Acto público na xunta de goberno local do 21 de novembro de 2022

A Xunta de Goberno Local do 21 de novembro de 2022 ás 13.30 horas tratará en acto público a aprobación do expediente de contratación do "Servicio de prevención ajeno" do Concello de Culleredo. 

Información sobre o sorteo e matrícula das escolas culturais e deportivas 22-23

O Concello de Culleredo informa das datas de sorteo de prazas e matrícula de cara ao inicio das escolas culturais e deportivas 22-23.

Lista de actividades municipais culturais e deportivas 2022-2023

Lista actualizada a 30 de setembro de 2022 das actividades municipais culturais e deportivas do Concello de Culleredo 2022-2023.

Propostas para os orzamentos do exercicio 2023

O Concello de Culleredo pon á túa disposición o enderezo participa@culleredo.es para que achegues as túas propostas para os orzamentos do exercicio 2023. 

Bases do proceso selectivo do obradoiro Culleredo Activo

O Concello de Culleredo pon a disposición pública as bases que rexerán o proceso selectivo do obradoiro Culleredo Activo. 

Novo período de funcionamento do Programa municipal da Coral de Adultos do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo

O prazo vai desde o día 2 de setembro ata o 22 do mesmo mes e poderase presentar toda aquela persoa maior de 18 anos empadroada en Culleredo.

Lanzada a convocatoria para as Escolas Municipais 2022/2023

O Concello publica a programación das Escolas Muncipais, que engloba actividades deportivas e culturais. O prazo de preeinscrición telématica comezará o vindeiro 22 de agosto, concluíndo o día 31 do mesmo mes. 
 
 

O II Entreculturas no xardín terá lugar en Culleredo do 5 ao 8 de xullo

Cine, música e teatro, os tres pilares do II Entreculturas no xardín.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina