O Concello de Culleredo abre a exposición pública da ordenanza de transparencia, acceso á información e reutilización, que foi aprobada polo pasado pleno da corporación.
A Xunta de Goberno Local que terá lugar o día 1 de decembro de 2014 ás 13.00 horas tratará en acto público na sala de Comisións da Casa Consistorial a determinación do prezo na opción de compra dun vehículo de emerxencias.
A Xunta de Goberno Local do 20 de outubro de 2014 ás 13.00 horas tratará en acto público o reaxuste da anualidade do contrato de axuda a domicilio.
A Xunta de Goberno Local do 30 de xuño de 2014 tratará en acto público a proposta relativa ao reaxuste de anualidade do contrato de axuda a domicilio.
A Xunta de Goberno Local que terá lugar o luns 26 de maio, ás 13.00 horas, na sala de Comisións da Casa do Concello, tratará en acto público a adxudicación do uso privativo da Casa Rosa.
O Concello de Culleredo celebrará o luns, 28 de abril, ás 13.00 horas, o sorteo dos membros de mesas electorais para as eleccións ao Parlamento Europeo que terán lugar o 25 de maio de 2014. O acto será público.
Como consecuencia da convocatoria das Eleccións o Parlamento Europeo ponse en coñecemento do público en xeral que nas oficinas municipais durante o prazo do 7 ao 14 de abril, ambos os dous incluídos, están expostas ao público as listas electorais.
Publicación das listaxes de agarda nas escolas infantís do Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar radicadas en Culleredo.
O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de agosto de 2013, acordou revogar parcialmente o acordo de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación urbana nos aspectos concretos indicados no informe do equipo redactor do 13 de agosto de 2013. A dita revogación deixa sen efecto os documentos que resultan substituídos polos rectificados aprobados inicialmente na devandita sesión do 29 de agosto de 2013 e que se relacionan neste anuncio.
O Concello informa de que a Xunta abre a segunda convocatoria de axudas para contratar internet vía satélite para os veciños e pemes que non poden acceder á Internet a través de conexións de cando menos 2Mbps mediante outra tecnoloxía.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER