O Concello de Culleredo acolle, en colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia, unha xornada informativa sobre as cláusulas chan. Terá lugar o martes 14 de febreiro ás 20.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
O Concello de Culleredo celebrou no IES Blanco Amor unha gran sesión de formación da manobra de resucitación cardíaca, RCP, na que participaron 255 alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Para iso contou coa colaboración da asociación ASGATE, que levou os instrutores, moitos deles alumnos do ciclo de técnico de emerxencias.
As instalacións de Benestar Social do Concello de Culleredo situadas en Vilaboa acollerán desde mañá os talleres do programa Activa-T, que organiza a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO) e que chega ao municipio cullerdense grazas á colaboración entre a devandita entidade e o goberno local.
O Burgo conta desde hoxe co seu belén máis social. Os alumnos do Centro de Rehabilitación Laboral e Psicosocial que APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais) ten na Casa Rosa estrearon hoxe o seu belén realizado con bonecas fofuchas.
O Concello de Culleredo pon en marcha unha campaña de recollida xoguetes e agasallos para os nenos e nenas das familias sen recursos. Pódense entregas en centros de ensino e edificios municipais ata o 15 de decembro.
O Concello de Culleredo celebrou diferentes actos co motivo do Día Contra a Violencia de Xénero, co fin de poder causar o maior impacto social para contribuír á eliminación de condutas machistas existentes en todos os sectores da comunidade.
O paseo marítimo do Burgo acolle o venres 3 de decembro ás 20.30 horas un concerto solidario, con grupos de renome, coa finalidade de recadas xoguetes. O obxectivo: alcanzar as 400 doazóns.
O Concello de Culleredo acaba de comunicar á Xunta de Galicia o seu interese en adherirse ao programa de Vivendas Baleiras. É un paso máis que quere dar o goberno municipal para apoiar aos veciños con dificultades no acceso á vivenda.
O Concello de Culleredo publica as prazas que quedaron vacantes nos grupos de actividades de benestar e saúde. Os interesados poden dirixirse ao Centro Municipal de Servizos Sociais do Burgo e poderían incorporarse ás actividades en xaneiro.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER