O Concello de Culleredo prosegue coa súa colaboración con ADICAE, en prol dos dereitos dos consumidores. Nesta ocasión, o municipio cullerdense forma parte da campaña da entidade aproveitando a celebración do Día Europeo de Protección do Consumidor Financeiro. A actividade será o xoves, 4 de xuño, ás 19.00 horas no Pazo de Vila Melania (Vilaboa).
O Concello de Culleredo continúa co seu plan de viaxes para maiores no seu programa de dinamización comunitaria. Este ano teñen lugar en paraxes naturais. O vindeiro sábado 13 de xuño a excursión será a Vegadeo e Ribadeo, incluíndo unha visita á praia das Catedrais.
Os veciños de Boedo xa gozan do novo centro social. Finalizados os traballos de instalación da casa, o Concello de Culleredo entregou aos residentes as chaves do local veciñal, situado na chaira xunto á ponte da AVE, onde leva a cabo a tradicional festa no verán.
O clube +65 do Concello de Culleredo emprenderá este mes unha nova viaxe dentro do seu plan de dinamización comunitaria. Nesta ocasión, e continuando co obxectivo de coñecer as paraxes naturais, os maiores desplazaranse a Corcubión e Cee, dúas localidades da Costa da Morte con gran potenciar ambiental.
O alcalde de Culleredo anuncia que o Concello asumirá o servizo de axuda no fogar dos veciños dependentes que non son atendidos pola Xunta. A administración autonómica xa avanzou que en 2015 a súa axuda baixará á metade.
O Concello de Culleredo organiza unha festa especial de disfraces para este Entroido pensada para maiores de 65. Terá lugar o próximo día 13 de febreiro no Centro Social O Noso Lar, en Tarrío, ás 5 da tarde. E o 4 e 5 de marzo, unha escapada ao SPA de Monçao.
O Concello de Culleredo participará na III Andaina pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero, que organiza o Consorcio As Mariñas. Será este ano en Betanzos, o 22 de novembro, ás 10.00 horas. O Concello pon autobuses gratis para acudir.
A Casa Rosa, emblemático inmoble do Burgo, engrosa desde hoxe a lista de espazos que o Concello de Culleredo dedica a servizos sociais. O goberno local cédea a APEM para que se converta nun centro de rehabilitación para persoas con enfermidades mentais.
Publicación das listaxes de admitidos/as nas actividades de benestar social do Concello para o período de outubro de 2014 ata xuño de 2015.
O Concello presenta un amplo programa de actividades de benestar con 34 grupos, en diferentes horarios, e distintos centros sociais da zona urbana e tamén da rural.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER