O Concello de Culleredo publica as listaxes definitivas de persoas preinscritas nas actividades culturais e deportivas convocadas para a tempada 2016-2017.
O Concello de Culleredo publica as listaxes de persoas preinscritas nas actividades culturais e deportivas convocadas para a tempada 2016-2017.
O Club Natación Culleredo, coa colaboración do Concello, desenvolve cursos de natación ao longo da tempada 2016 - 2017. A día de hoxe existen as últimas prazas dispoñibles nos horarios de luns a xoves, na piscina de Acea de Ama.
O Concello de Culleredo e o Club de Natación As Mariñas lanzan convocan os cursos de natación en idade escolar para a nova tempada. Están dirixidos a nenos dos 3 aos 15 anos de idade e comprenderán entre os meses de outubro e xuño.
O Concello de Culleredo informa de que se detectou un erro no folleto de actividades deportivas para o novo curso. Aínda que non figura, tamén se lanzou un grupo de ioga para o núcleo de Cordeda, con horario de 20.00 a 22.00 horas os martes.
O Concello de Culleredo iniciou os traballos de arranxo no polideportivo municipal do Burgo, instalación deportiva que acolle unha gran actividade no municipio. En concreto, a actuación municipal consiste na renovación do pintado, que en partes se foi deteriorando e no exterior sufriu da acción das pintadas.
Culleredo viviu un intenso fin de semana futbolístico. O Concello celebrou as finais das súas emblemáticas competicións: o Trofeo de Fútbol Afeccionado, que alcanzou o seu XXXIX edición, o XIX Trofeo de Veteranos, e o IV Torneo de Fútbol Base.
O partido de afeccionados do Trofeo de Fútbol entre o Portádego e o Olímpico terá finalmente lugar o domingo 21 de agosto, ás 17.45 horas, no campo de fútbol do Carrizo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER