A clase e o porte dos coches clásicos sairán a pasear o domingo, 13 de marzo, polas estradas de Culleredo. O municipio acolle a terceira edición do rally de regularidade de vehículos históricos, organizado pola Escuadra Centola coa colaboración do Concello de Culleredo e da Deputación da Coruña.
O Concello de Culleredo publica a información do sorteo de prazas para a campaña de esquí 2016 organizada pola Deputación da Coruña.
Dous dos principais runners españois levarán o running aos cullerdenses. O Concello de Culleredo, coa colaboración da asociación Castelo Deporte, organiza mañá, venres 11, e o vindeiro martes 15 o programa "Corre Culleredo!".
Culleredo será sede este fin de semana da proba que pecha a edición 2015 do Campionato Galego de Trial. A parroquia de Orro é o escenario elixido para dirimir unha competición que este ano está a ser moi apretada.
O Concello de Culleredo publica a relación de persoas inscritas nas vacantes das actividades deportivas municipais.
O Concello de Culleredo finalizou o seu plan de acondicionamento de varias pistas deportivas descubertas e da pista cuberta de Castro. Trátase de instalacións moi frecuentadas polos veciños dos núcleos para a práctica deportiva e que necesitaban de diversos arranxos para incrementar as súas prestacións.
O Concello de Culleredo celebra este mes os trofeos de fútbol afeccionado, base e veterán segundo este calendario.
O Clube de Natación As Mariñas celebra en agosto cursos intensivos de natación. Serán no parque acuático de Acea de Ama , contando coa colaboración do Concello de Culleredo.
O Club Natación Culleredo, coa colaboración do Concello, lanza os seus cursos intensivos de verán. Serán en xulio na piscina de Acea de Ama.
Ponse en coñecemento que o sorteo para a asignación de prazas para o campamento de verán da Deputación da Coruña celebrarase o vindeiro xoves 4 de xuño as 10:30 horas nas dependencias do Conservatorio Municipal de Música.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER