O Concello de Culleredo executa o seu plan contra o fracaso escolar co programa de apertura dos centros escolares públicos en horario non lectivo. Trátase dunha serie de actividades encamiñadas a apoiar e colaborar cos alumnos empadroados no municipio, para sacar adiante o curso. O prazo de matrícula está aberto e esta formalizarase no departamento municipal de Educación situado no Conservatorio municipal de música.
A Escola de Nais e Pais do Concello de Culleredo, con 24 anos de vida inicia en novembro un novo curso. Esta dirixida a nais e pais con fillos/as con idades comprendidas entre 3 a 16 anos de idade. O Concello proporcionará un servizo de atención aos nenos durante as sesións. Os interesados en apuntarse poden contactar co Departamento Municipal de Educación.
A Escola Oficial de Idiomas informa de que abre o derradeiro prazo de matrícula para as últimas vacantes existentes na sección de Culleredo
A Concellería de Educación de Culleredo organiza unha charla o día 21 de xuño, ás 19:00 horas, na biblioteca do edificio do Conservatorio de Música (rúa Andrés Pan Vieiro do Burgo),sobre a orientación vocacional, profesional e laboral co titulo “E despois da ESO, que?”.
A Concellería de Educación de Culleredo organiza o día 21 de xuño, ás 19:00 horas ,na biblioteca do edificio do Conservatorio de Música (rúa Andrés Pan Vieiro do Burgo),sobre a orientación vocacional, profesional e laboral co titulo “E despois da ESO, que?".
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER