O Concello de Culleredo lanza unha ampla programación de Nadal, con actividades variadas para todas as idades.
Culleredo inicia mañá luns, 5 de decembro, a súa campaña de Nadal co tradicional acendido das luces. Será o punto de inicio para un programa variado de actividades culturais, deportivas, sociais e de animación comercial que se desenvolverá no municipio.
O Concello de Culleredo en colaboración coa Asociación de Comerciantes organiza este venres 15 a Noite Branca, iniciativa que trata de dinamizar o tecido comercial e que este ano terá temática mariña. En concreto a zona comercial abarcará a praza Europa, praza de Galicia, rúa Sanjurjo de Carricarte, Largo Caballero e avda. da Coruña.
O Concello informa sobre o horario e obxectivos dos elementos decorativos de iluminación de Nadal, co financiamento da Deputación da Coruña.
O Concello de Culleredo informa de que os veciños que queiran participar na próxima cabalgata de reis como figurantes poderán inscribirse a partir do luns dia 21 e ata o mércores 23.
O Concello de Culleredo presenta este ano unha ampliada campaña de actividades de Nadal coa meta de dinamizar a vida social e comercial do municipio. O goberno local, coa coordinación das súas diversas áreas, configurou unha extensa programación pensada especialmente para os nenos, que tocan as vertentes culturais, lúdicas, deportivas e sociais.
Case tres meses despois da súa posta en marcha, confírmase o éxito do proxecto de hortos urbanos que o Concello de Culleredo organizou no Burgo, tras a experiencia positiva que se obtivo en Vilaboa. Tras un período de formación teórica e práctica, os veciños participantes xa obteñen colleitas de todo tipo.
O Burgo prepárase para acoller o venres, 18 de xullo, a súa propia Noite Branca, iniciativa do Concello de Culleredo e da Asociación de Comerciantes de Culleredo para incentivar a chegada de clientes ao comercio local. Un amplo programa de actividades e animación dinamizará as compras nos negocios, que ofrecerán os seus descontos ao público.
Os hortos urbanos de Culleredo tamén explotan unha colleita solidaria. Os participantes no proxecto municipal recentemente estreado no xardín botánico do Burgo, realizaron a súa primeira doazón de produtos de cultivo de horticultura ecolóxica ao Fondo Municipal de Alimentos de Culleredo.
O Concello de Culleredo informa de que os interesados en formar parte da cabalgata poden apuntarse desde xa mesmo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER