O Concello de Culleredo estrea unha guía online para dar visibilidade ao sector do comercio, servizos e hostalaría do municipio. O obxectivo é facilitar á cidadanía a información do variado tecido económico local para incentivar as compras de proximidade, cuestión esencial especialmente polos efectos da pandemia.
O Concello de Culleredo publica a lista de establecementos comerciais abertos no municipio durante o estado de alarma. A iniciativa serve para iniciar a campaña Nós quedamos contigo que realiza o goberno local para respaldar a autónomos e pemes do concello.
O Concello organiza dúas quenda dos Cursos de Micoloxía, que alcanzan a XXIII edición. A inscrición estará aberta do 2 ao 6 de outubro.
O Concello de Culleredo regresa ao pasado templario do Burgo (O Burgo de Faro) desde mañá venres 30 ata o domingo 2. O paseo marítimo volverá empaparse dun ambiente de época a través do Mercado Templario, que volve cuns 90 postos e unha infinidade de personaxes do Medievo.
O Concello de Culleredo, como compoñente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro "Golfo Ártabro Sur", convoca a empresas e entidades interesadas en optar a estas axudas a unha reunión que terá lugar o martes 21 de febreiro ás 18.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER