Precisa informe social mediante cita cos Servizos Sociais Municipais ou do Servizo Galego de Saúde.
Teléfonos: O Burgo: 98165450
Vilaboa: 981660079
Centro de Saúde: 981666564 / 981666151.
Documentación:
- Solicitude (Ver formulario)
- Certificado de empadroamento que acredite a residencia efectiva na Comunidade Autónoma.
- Fotocopia do DNI/PASAPORTE/NIE.
- Informe Social (Ver formulario) que especifique a situación persoal e social do usuario.
- Certificado de recoñecemento de minusvalía e/ou resolución de recoñecemento de grao e nivel de dependencia, se é o caso.
- Informe médico relativo ao solicitante (Ver formulario)
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
Lugar de tramitación:
- Servizos Sociais municipais ou no Centro de Saúde.
- Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
Prazo de presentación:
Durante todo o ano.