Descripción: | Bonificación no IBI para as familias numerosas. Só aplicábel á vivenda habitual | ||||||||||||||||
Documentación a presentar: |
|
||||||||||||||||
Prazo de presentación: | Antes do 31 de marzo de cada ano. | ||||||||||||||||
Normativa reguladora: |
|
||||||||||||||||
Terán dereito a unha bonificación do 90% sobre a cota íntegra aplicable aos bens inmobles de carácter residencial destinados a vivenda habitual e nos que figure como suxeito pasivo quen ostente a condición de titular dunha familia numerosa, sempre que se cumpran ademais os seguintes requisitos:
a. que a suma dos valores catastrais de todos os bens inmobles sitos no Termo Municipal de Culleredo, dos que sexan suxeitos pasivos o titular da familia numerosa ou algún dos membros da mesma, non exceda de 100.000 €.
Para os efectos de aplicación do cadro anterior, considerarase renda a suma das bases impoñibles dos membros da unidade familiar que obteñan rendas suxeitas ao Imposto sobre a Renda de Persoas Físicas. A bonificación concedida só surtirá efectos para o período impositivo no que se insta a súa concesión, debendo solicitarse a prórroga nos seguintes períodos impositivos, achegando de novo a documentación que acredite que se seguen cumprindo os requisitos para a súa obtención, antes do 31 de marzo do ano en que deba surtir efecto. |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER