"I Obradoiro de Acuarela de Culleredo" Impartido polo acuarelista Manuel Gandullo.

Ademais do traballo de Base,de iniciación,que realizan ás Escolas Municipais de Cultura do Concello,vese cada dia mais a necesidade de organizar Obradoiros mais especializados,dirixidos a persoas que desean profundizar mais de xeito especifico en algunhas materias,Cursos que estan a cubrir de sobras ás prazas ofertadas,como os obradoiros de Gravado,dirixido pola Pintora Isabel Pintado,o de Poesia que dirixe Miguel Anxo Fernan Vello,que vimos de abrir a matricula.

Agora presentamos,a petición de moitos afeccionados,un Obradoiro de Acuarela,dun xeito especifico,por ser unha tecnica bastante descoñecida,moi precisa,que require coñecementos e destrezas singulares,sobre todo a utilización de materiais e soportes,asi como a aplicación da auga.Para elo contaremos cun recoñecido pintor e acuarelista,Manuel Gandullo,que precisamente e mestre da cor e da auga nas suas bellisimas acuarelas.Un obradoiro pois,que promete ser eficaz e divertido.

Constara de 4 sesións de 3 horas cada unha a celebrar os sabados dias 2-9-16-30 de Abril de 10´30 a 13´30 horas na Aula da Natureza do xardin Botanico "Ria do Burgo",debendo traer cada o seu material pictorico basico,acuarela,pinceis,etc.Tendo un custo de matricula de 20e,que poderan realizar na Concelleria de Cultura no Edificio de Servizos Multiples do Burgo.Tlf-981665597-mail- servizosmultiples@gmail.com   .Esta dirixido a Maiores de 16 anos con prazas limitadas a 15 alumnos.

Para máis información ver o arquivo que se achega.

Vista previaAdxuntoTamaño
I Obradoiro de acuarela793.78 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina