Celebración "IV Encontro de Pintura e Poesia de Culleredo"

Durante toda a xornada do venres 6 de maio de 10 a 20h., celebraremos o "IV encontro de pintura e poesía de Culleredo",na aula de natureza do "Xardín Botánico Ría do Burgo",organizado pola concellería de cultura do concello de Culleredo, no que participan 50 artistas,poetas,pintores,escultores,acuarelistas,fotógrafos, que traballaran sobre pintura e poesía, e compartiran unha Xornada intensa e inesquecíbel de poesía, pintura e amizade.

A turbia situación do Mundo, animounos a reivindicar e adicar a Xornada a "Pintura e poesía diante da situación social" (cambeo climático, revoltas sociais, guerras, abusos, desigualdades, malostratos, fame,etc.)
De xeito individual e colectivo os artistas plásticos traballaran sobre un poema inédito coa temática anterior,feito para a ocasión polos recoñecidos poetas Galegos: Miguel Anxo Fernan Vello, Yolanda Castaño,Xulio L.Valcarcel, Eva Veiga, Dores Tembras, Luz Campello, Pablo Bouza, Diana Varela, Carlos Pereira,Olga Patiño E Lino Braxe.
Os Artistas Plásticos participantes son: Alfonso Costa, Ali Ali, Antón Sobral, Pedro Bueno, Alfredo Erias, Emilio Celeiro, Luisa Valdes, Ramón Astray, Gosia Trebacz, Manuel Gandullo, Isabel Pintado, Manuel Suarez, Lola Beade,Oscar Cabana, Marta Pardo De Vera,Raúl Alvarez, Victoriano Fernandez, Maria Martinez, Nito Da Vila, Miguel Melero, Laureano Vidal, Jose Juncosa, Teresa Faginas,Begoña Tojo, Paco Ascón.
Participan tamén os Escultores Manuel Patinha,Francisco Escudero, Iria Rodriguez e Enrique Tenreiro. Fotógrafos: Luis Gabu e Fran Torrecilla.

Os encontros comezan ás 10horas cun saudo do concelleiro de cultura, Celestino Poza, unha foto de grupo e xa de inmediato comezase o traballo pictórico sobre os textos poéticos, así como a elaboración do cadro de intercambio,ata ás 20 horas que daremos por concluido o encontro e asistiremos a inauguración na sala de exposicións dos Muíños de Acea de Ama da exposición "Antolóxica de Alfonso Costa".

Vista previaAdxuntoTamaño
IV encontro de pintura. 1.31 MB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina