Pacto de goberno entre PSdeG-PSOE e BNG de Culleredo

O PSdeG-PSOE e o BNG de Culleredo veñen de acordar o pacto de goberno para o mandato 2011-2015 tras o resultado das eleccións celebradas o pasado 22 de maio.

O alcalde de Culleredo,Julio Sacristán, mostra a súa satisfacción polo acordo alcanzado co BNG para asinar o pacto de goberno. O rexedor apunta que ambas as forzas teñen a "máxima ilusión e compromiso" por traballar de xeito conxunto nun mandato que se aventura difícil e que estará caracterizado fundamentalmente pola redución de ingresos.

Pola súa banda, Raquel Jabares asegura que o pacto de goberno responde á "vontade manifestada pola cidadanía de que ningunha forza goberne en solitario". A nacionalista indica que o acordo se fundamenta nun crecemento do benestar e do emprego, dentro das competencias locais. Para Jabares, que o BNG xestione a área de benestar constitúe unha garantía.

Sacristán sinala que se optou por efectuar unha reorganización das áreas na procura dun maior aforro no gasto do Concello. Neste mesmo sentido, efectúase unha redución das dedicacións dos concelleiros. Pasarase das 6 dedicacións exclusivas e dúas medias do pasado mandato (4 exclusivas do PSOE, 2 exclusivas do BNG e 2 medias do PSOE) a 4 exclusivas e dúas medias no novo (2 exclusivas do PSOE, 2 exclusivas do BNG e 2 medias do PSOE). A contía das dedicacións non se incrementará.
 
Coa nova estrutura e áreas creadas efectuarase unha restructuración do persoal actual, sen que iso supoña novas contratacións.


Desenvolvemento equilibrado

O pacto de goberno entre o PSdeG-PSOE e o BNG de Culleredo contén unha parte xustificativa, na que ambos os grupos se comprometen a:

- O goberno é un órgano único colexiado que actuará con lealdade e apoio mutuo, responsabilizándose conxuntamente e solidariamente do funcionamento do Concello, cun programa municipal común.
- Principio de eficacia e eficiencia: primando na acción de goberno a axilidade e eficacia e eficiencia para alcanzar o mellor nivel posible na prestación de servizos e mellora da calidade de vida.

- Comprométense ao desenvolvemento equilibrado desde o punto de vista territorial e ambiental, apostando por un modelo sustentable, comprometéndose a pór en información pública nun ano a PXOM.

Serán liñas prioritarias de actuación a promoción económica, o Plan de Formación para Mozos Desempregados, a loita contra o fracaso escolar e as políticas sociais.

O goberno cullerdense demandará á Xunta de Galicia de forma prioritaria a construción dun novo colexio de Infantil e Primaria, a construción dun novo instituto de educación secundaria, a apertura do centro de saúde no Portádego, unha nova escola infantil en Cordeda, e a redacción dun Plan de Seguridade Viaria.
 
Ambas as forzas políticas comprométense ademais a impulsar medidas políticas para consorciar, mancomunar ou compartir servizos cos Concellos da comarca. Tamén figura como unha das principais metas o desenvolvemento da administración online, a redución da burocracia e a axilización da concesión de licenzas.
 
Preténdese tamén propiciar a participación dos grupos políticos nos órganos: Mesa de Contratación, Comisión Especial do aeroporto e Plan de Illamento Acústico, Comisión da PXOM, e nos órganos de participación cidadá xa aprobados durante o pasado mandato.
Vista previaAdxuntoTamaño
acordo_culleredo_bng-psoe_2011.pdf 80.95 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina