Ampliados os horarios de xardin botánico, aula de natureza e Villamelania

Co obxectivo de que os espazos públicos municipais de Culleredo poidan estar, dunha maneira máis ampla, a disposición e disfrute da cidadanía cullerdense, o Goberno Municipal vén de establecer uns novos horarios de apertura dos mesmos:

     -O recinto do Xardín Botánico “Ría do Burgo” permanecerá aberto, de luns a sábado, ininterrompidamente, de 11.00 h a 21.00 h. 

     -O recinto do Xardín do Pazo de “Vila Melania”, en Vilaboa, estará aberto ao público, de luns a sábados, de 9.00 a 21.00 h, ininterropidamente. 

     -Pola súa parte, a Aula de Natureza “Juan Lembeye”, sita no interior do recinto do Xardín Botánico, terá o seguinte horario: luns a venres, de 18.00 h a 21.00 h, e sábados de 11.00 h a 13.30 h e de 17.00 h a 21.00 h. E, no pazo de Vila Melania, as oficinas municipais, as bibliotecas e os outros servizos, etc., manteñen o horario habitual.

     O Xardín Botánico “Ría do Burgo” (duns 50.000 mts2 de superficie) ofrece aos vecinos e veciñas que o visiten dúas fases diferenciadas: 

     A primeira fase, na entrada principal, está dedicada ás especies autóctonas (carballos, castiñeiros, ameneiros, etc.) e ao xardín típico dos pazos galegos. En cada parcela están colocados paneis informativos sobre as características da árbore prantada nesa parcela.

     A segunda fase está dividida en parcelas que recrean xardíns tradicionais doutras partes do mundo (acuáticos, Versalles, xaponés, prantas aromáticas, rosaleda, etc.). 

     Pola súa parte, na Aula de Natureza “Juan Lembeye Lartaud”, sita no interior do Xardín Botánico, ofértanse anualmente exposicións de diversas disciplinas artísticas (pintura, fotografía, gravado…), así como outras de temática medioambiental (reciclaxe, ecoloxía…).. Tamén se ofertan actuacións musicais (como o Burgojazz, entre outras)

     Celébranse igualmente, na Aula de Natureza, cursos de temática variada (micoloxía, coidado de bonsáis, avistamento de aves, etc.), concursos de pintura, prantación de árbores, actividades medioambientais da Escolas Culturais…

     No Xardíns do Pazo de Vila Melania poden disfrutar os veciños e veciñas de Culleredo dun fermoso entorno de lecer, cun parque biosaudable e un de xogo de petanca, coa contemplación dos hortos veciñais, e coas actividades que se desenvolven no propio Pazo, tanto as organizadas polas bibliotecas “Xosé Cardeso Liñares” e “Uxío Novoneyra” (presentación de libros, música, talleres de poesía, contacontos….), como por outros departamentos municipais.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina