I Seminario sobre o Trastorno de déficit de Atención e/ou Hiperactividade

 

O próximo venres 30 de Setembro, ás 19.00 hs, no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo, a Concellaría de Sanidade e ANHIDACORUÑA, organizan o I Seminario sobre o Trastorno de  déficit de Atención e/ou Hiperactividade.

O acto estará estructurado en 3 bloques:

1ª PARTE:  INFORMACIÓN SANITARIA SOBRE O TDAH

    Definición
    Posíbeis causas
    Síntomas fácilmente detectábeis na escola
    Diagnóstico
    Evolución e tratamento
    Intervención familiar e escolar

Docente: Dna Elvira Ferrer Vázquez, Vicepresidenta de ANHIDACORUÑA e Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Máster en Dirección médica e Xestión Clínica, e Máster en Bioética. Experta Universitaria en Promoción da saúde.

2ª PARTE:  O CONCEPTO DE DIVERSIDADE. INTERVENCIÓN NO CENTRO EDUCATIVO

    Quen está incluído no concepto de diversidade?
    Medidas de atención á diversidade (ordinarias e extraordinarias) que ofrece o sistema educativo

Docente: Berta Pérez Sánchez, Diplomada en Educación Social e Licenciada en Psicopedagoxía, Orientadora escolar e docente no grupo de traballo sobre TDAH no CEIP Sofía Casanova de Culleredo. Docente no curso sobre intervención educativa con TDAH (Forem Galicia) e nos Talleres de apoio para nenos e nenas de educación primaria e secundaria afectados con TDAH promovidos pola Fundación Mª José Jove e ANHIDACORUÑA.

3ª PARTE: QUENDA DE PREGUNTAS ESCRITAS

O acto, de interese especial para pais/nais de nenos  e nenas afectados por algún tipo de trastorno de conducta en idade escolar, profesionais sanitarios e do ámbito educativo, é ABERTO A TODA A CIDADANÍA

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina