O Concello planea modificacións no transporte metropolitano para mellorar o servizo

O Concello de Culleredo e a empresa ASICASA e CALPITA estudan conxuntamente mellorar o servizo de Transporte de Viaxeiros no Municipio. A pesar de que o municipio de Culleredo ten menos de 50.000 habitantes e por tanto non está na obrigación de contar con transporte urbano, mentres que o Interurbano corresponde por competencia á Xunta de Galicia, o goberno que preside Julio Sancristán traballa desde hai un ano conxuntamente coas compañías para mellorar o transporte existente e estender as liñas a zonas novas do municipio que non dispoñen do devandito servizo.
 
As melloras no transporte interurbano estudadas afectarían tanto ás liñas existentes de interese xeral comos ás liñas de interese municipal. As catro actuacións que pretende instaurar o goberno local son as seguintes:

?    Novo servizo para A Zapateira. Estableceríase un servizo desde O Burgo até as urbanizacións da Zapateira (Vallesur, As Oliveiras, Augas Mansas e Montegolf en Arteixo), que posibilitaría a comunicación e transbordos coa liña urbana da Coruña ou coas liñas de Asicasa actuais, dependendo do lugar ao que desexen dirixirse os viaxeiros. Sacristán abordará esta idea co Concello de Arteixo.

  • Liña A Coruña-Sigrás-Carral pola Silva, en Almeiras. A idea consistiría en duplicar os servizos, pasando de catro a oito. Dita actuación deberá contar coa aprobación dos Concellos de Culleredo, Cambre e Carral e da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.
  • Liña da Coruña, Vilaboa, Celas, Orro, Boedo, Castelo, Sésamo, Sueiro. As modificacións afectarían ao tipo de vehículo e ás frecuencias. O tipo de vehículo en lugar dun autobús de 60 prazas pasaría as ser un microbús, e modificaríase o transbordo, até agora establecido en Tarrío, fixándoo en Vilaboa.
  • Liña de interese municipal. Tamén de modificaría o servizo de interese municipal, que partindo de Tarrío, comunica con Vilaboa, centro de saúde de Acea de Ama, O Burgo, Liñares e Alvedro, incrementando as frecuencias na zona rural.
 
Todas estas actuacións quedarían enmarcadas no Plan de Transporte Metropolitano da Xunta, subscrito cos Concellos e que vén funcionando desde hai un ano, coa nova tarxeta e os transbordos gratuítos.
 
Neste momento, o Concello está á espera do informe da Xunta de Galicia para proceder á súa reordenación. O alcalde espera que a autorización sexa un feito nas próximas datas para mellorar canto antes o servizo de transporte ofrecido aos veciños.
 
Así mesmo, o Concello confía que a Xunta aborde o Plan de Instalación de Marquesiñas e instalación de horarios nas paradas para incentivar o Plan de Transporte Metropolitano entres os residentes.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina