Campamentos urbanos de Nadal

O Concello de Culleredo renova a programación do Nadal para os máis pequenos. Por primeira vez, terán lugar campamentos urbanos no Burgo, no Edificio de Servizos Múltiples, co obxectivo de proporcionar unha alternativa de lecer aos escolares durante todo o seu período vacacional.

Os campamentos celebraranse desde o 22 ao 5 de xaneiro, fóra dos fins de semana. Poderán apuntarse nenos de 3 a 12 anos de idade, tendo preferencia os empadroados no municipio de Culleredo.

A actividade poderá abarcar oito horas e media de cada mañá, co que se proporcionará unha atención aos nenos mentres os pais desempeñan as súas obrigacións laborais. Así, os campamentos en si teñen lugar de 9.00 a 14.00 horas, pero pódese optar ao almorzo, de 7.30 a 9.00 horas, e á comida, de 14.00 a 16.00 horas.

O programa de actividades estará guiado polo "Tren do Nadal", que será o fío condutor que leve aos pequenos a diferentes partes do mundo, observando as maneiras diferentes de celebrar as festas. As dinámicas, cunha metodoloxía lúdica, educativa e activa, abarcarán desde a promoción artística aos deportes, talleres, actividades de educación en valores, de promoción de hábitos saudables, de fomento da igualdade, ambientais, intergeneracionales, saídas e festas.

O Concello informa de que o prazo de preinscrición nos campamentos está aberto até o venres 25 de novembro. Para formalizala deben entregar o correspondente boletín na Concellaría de Cultura, sita no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, apunta que cos novos campamentos o Concello quere ofrecer unha alternativa educativa e de lecer a que os pequenos pasen boa parte das vacacións en casa.
cartel

Vista previaAdxuntoTamaño
CAMPAMENTOS_DE_NADAL_2011-2012.pdf 37.95 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina