Quedan vacantes no programa "Ponte a Punto" e nas Escolas de Nais e Pais

INFORMACIÓN DOS PROGRAMAS PONTE A PUNTO E ESCOLA DE PAIS E NAIS.

O Concello informa que quedan vacantes para o programa "Ponte a Punto" a partir de xaneiro de 2012. A iniciativa desenvólvese en dúas sesións semanais de dúas horas cada unha nos centros educativos do Concello.

Obxectivos:

Con respecto ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria trátase de reforzar a lectura, ortografía, cálculo, comprensión lectora e a familiarizarse coas técnicas para aprender a estudiar. En 1º ,2º, 3º e 4º de ESO,  refórzanse todas as materias nas que o alumno teña máis dificultades ou desexe mellorar para subir nota.

Tamén se ofrecen clases de técnicas de estudio, onde o alumno aprenderá a subliñar o máis importante, resumir, facer esquemas e distintas técnicas para memorizar.

Prezo: 10,18 € mensuais.

Inscricións: No Servizo Municipal de Educación, edificio do Conservatorio de Música, en horario de 9 a 14 h, de luns a venres. Máis información no teléfono 981 66 12 08.


VACANTES NAS ESCOLAS DE NAIS E PAIS


A partir do mes de xaneiro comezarán as Escolas de Nais e Pais, que se desenvolverán nos seguintes horarios e lugares:

  • Villa Melania (avda. Vilaboa, 44): os venres de 10:00 a 11:30 h
  • CEIP Isaac Díaz Pardo: os martes de 17:00 a 18:30 h (haberá servizo de canguraxe para quen o precise)

Prezo: 29,16 € (prezo único por toda a actividade)

Inscricións: No Servizo Municipal de Educación, edificio do Conservatorio de Música, en horario de 9 a 14 h, de luns a venres.  Máis información no teléfono 981 66 12 08.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina