O Concello remata a renovación de equipamentos no paseo marítimo do Burgo

pérgola
O paseo marítimo do Burgo é o pulmón verde de Culleredo e un dos máis grandes espazos de lecer e esparcemento da comarca da Coruña. Coñecedor do interese social que encerra esta senda, demostrado no paso constante de centos de cidadáns a diario, o goberno local decidiu empregar parte dos fondos europeos FEDER en renovar un conxunto dos equipamentos do paseo para modernizar instalacións e proporcionar un mellor servizo aos usuarios.

O Concello de Culleredo xa completou este plan de actuación no paseo marítimo. Centrouse na contorna da Cros, un dos puntos que concentra maior número de usuarios ao atoparse unha zona eminentemente residencial do municipio.

As pistas polideportivas existentes foron un dos recintos que se remodelaron. Até agora, as infraestruturas carecían de iluminación, polo que o Concello instalou puntos de luz que permiten que se amplíe o seu horario de uso.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, destaca que nas tardes e fins de semana son moitos os nenos e mozos que practican deporte nestas pistas, polo que o goberno apostou por facilitar o seu uso cando se vai a luz do sol. "O paseo é un espazo idóneo para a práctica deportiva", apunta. A nova iluminación admitirá tanto que se acenda e apague en conxunto coa iluminación pública como que estea regulada por temporizadores e pulsadores na propia pista.

Xunto ás pistas emprázase un parque infantil, onde tamén se instalou a correspondente iluminación para facilitar o seu uso acotío. As luminarias son de carácter antivandálico. Desta forma, o equipo de goberno propicia que as familias poidan ir cos pequenos ao parque aínda cando chega a noite.

Outro dos puntos de actuación foron os aseos e a zona das pérgolas. Nos servizos reparouse a cuberta e as portas, instaláronse 12 novas xanelas fixas e renovouse a electricidade e a fontanaría. Na zona das pérgolas arranxouse o pavimento, que se foi levantando co paso dos anos.

En total, o Concello de Culleredo destinou máis de 80.000 euros para o proxecto de modernización do paseo marítimo, procedentes do fondo europeo.

Sacristán, aposta por facer da contorna da ría do Burgo un centro neurálxico do lecer e da promoción económica do municipio. Coa creación do recinto multiusos xunto á ponte do Burgo, Culleredo dispón dun lugar "excelente e privilexiado" para a organización de eventos. Ademais, a gran superficie verde, xunto co xardín botánico ou a aula da natureza, fan do lugar un punto idóneo para a práctica do deporte e a realización de actividades educativas e de lecer.
parque infantil con luces
pistas con iluminación

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina