Culleredo contará cun novo paseo peonil dun quilómetro na contorna do aeroporto

Os veciños de Culleredo disporán dun paseo peonil con zona verdes e parque infantil na contorna do aeroporto. Trátase dunha acción acordada entre o Concello e Aena con motivo das obras de ampliación da pista do aeroporto de Alvedro.

O parque da festa da parroquia de Culleredo é un dos espazos veciñais afectados polas obras. Ademais de tratarse do lugar onde se celebran as festas patronais, albergaba espazo verde utilizado polos veciños como lugar de asueto. Ese parque será reconstruído na contorna da igrexa románica de San Esteban.

Disporá de árbores, trasladadas do parque actual e de casas que se tiveron que expropiar polo proxecto de ampliación. Contará ademais con xogos infantís, para propiciar o lecer para os máis pequenos, e de grelladas e espazos para as celebracións veciñais. Aena xa procedeu á compra das leiras necesarias para a súa construción.

Este parque comunicarase, a través dun paseo peonil que discorrerá entre a nova estrada e o río, coa rúa Leonzas. Alí recolocaranse o pazo e as casas trasladadas pola súa riqueza patrimonial. Os proxectos de traslado destes bens están pendentes da autorización de Patrimonio da Xunta. Aena tamén formalizou a adquisición dos terreos nesta rúa, onde se integrarán coas casas existentes.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, sinala que a pretensión é de "contar cun paseo de case 1 quilómetro de lonxitude para o goce dos veciños". Sacristán asegura que o Concello de Culleredo e Aena están a traballar "en coordinación absoluta" para que a reposición dos servizos afectados queden en perfecto estado, funcionando sen interrupción, e para adecuar a zona e mitigar o impacto xa producido polas obras.

Así mesmo, o alcalde apunta que o Concello aposta pola instalación dun apantallamiento arboledo no talud que reduza o impacto sobre o territorio. Con isto, a adecuación da contorna do río, o parque xunto á igrexa románica e a recolocación dos inmobles bens de interese cultural poderanse minimizar, na medida do posible, os efectos da actuación.


Estado das obras

O goberno local explica que as obras de ampliación continúan avanzando a bo ritmo. Aena xa completou as expropiacións de todas as casas e leiras, alcanzando o mutuo acordo en todos os casos. A previsión pasa porque todas as vivendas queden libres no mes de febreiro, xa que por agora non impiden o avance dos traballos.

En canto á construción da nova estrada, que substituirá ao tramo da vía provincial afectado pola ampliación, séguese executando sen demora, así como a renovación do saneamento e abastecemento de augas municipais tamén afectados. Estímase que a estrada estea finalizada a mediados de febreiro, data na que comezaría o recheo da cabeceira da pista para a súa ampliación.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina