O Concello creará unha patrulla a pé da Policía Local nos núcleos urbanos

acto de toma de posesión

 
O salón de sesións da casa consistorial do Concello de Culleredo acolleu o acto de toma de posesión do seis novos axentes que se incorporan ao corpo da Policía Local. O acto estivo presidido polo alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e a concelleira de Seguridade, Alicia Ferreiro.

Con esta incorporación, o persoal da Policía Local aumenta de forma importante os seus efectivos, pasando dos 24 actuais aos 30. Isto permitirá ao Concello incrementar os labores de prevención da seguridade cidadá ao contar cun maior número de axentes.

Así, o Concello creará unha patrulla a pé que estará presente mañá e tarde nos núcleos urbanos do municipio. Desta forma efectuarase un traballo de vixilancia e presenza nas zonas onde existe unha maior necesidade de actuación das forzas de seguridade.

A edila de Seguridade sinala que o goberno local, a pesar das dificultades económicas actuais, apostou por reforzar o persoal da Policía Municipal para dotar ao corpo de máis medios humanos para aumentar os seus labores de seguridade cidadá. Do seis axentes, cinco ingresarán agora na Academia Galega de Seguridade para completar a súa formación e incorporarse definitivamente ao servizo en Culleredo no mes de xuño.

Pola súa banda, o alcalde, ademais de mostrar a súa felicitación aos axentes, mostrouse convencido de que o aumento do persoal servirá para reforzar e dar máis posibilidades á Policía Local á hora de efectuar o seu traballo. Neste sentido, apuntou á coordinación coa Garda Civil como camiño fundamental para proporcionar o servizo de seguridade que necesitan os veciños de todas as parroquias do municipio.

É precisamente esta colaboración a que permite que Culleredo sexa un dos municipios coa taxa de delincuencia máis baixa de toda a comarca. O goberno local agradece o esforzo dedicado de todos os axentes para facer de Culleredo un municipio seguro, a pesar dos retos que entraña a seguridade na época actual.
 
acto de toma de posesión

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina