Curso de galego para obter o Celga 4 en Culleredo

O Concello de Culleredo vai solicitar un curso preparatorio para a consecución do certificado de lingua galega Celga 4 para o ano 2012.
 
Desde o día 18 de xaneiro e ata o día 27 de xaneiro, todas as persoas interesadas en participar neste curso, terán que formalizar a preinscrición no Departamento de Cultura, (Rúa Ramón Cabanillas, nº 14 – O Burgo. Culleredo, Tlf.: 981 665 597, ou ben por correo electrónico no e-mail: servizosmultiples@gmail.com), presentando ficha de preinscrición, cuberta.

Observacións:

  • As prazas son limitadas ata un máximo de 30, segundo orde de inscrición.
  • O curso terá unha duración de 75 horas lectivas a realizar nos meses de marzo a maio en horario de mañá ou de tarde.
  • A realización do curso está condicionada á concesión da organización e homologación  pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e Galicia.
  • O curso é totalmente gratuíto.
  • O curso se impartirá no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
  • Horario a determinar (mañán ou tarde), segundo as preferencias da maioría dos alumnos/as.
Para obter a acreditación do nivel de coñecemento e dominio da lingua galega, as persoas interesadas terán que realizar as probas correspondentes, que se efectuarán os días 2, 3, 9 e 10 de xuño para os niveis Celga 4, 2, 3 e 1, respectivamente, logo de convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a inscrición nas probas rematará o día 3 de abril de 2012 (pagamento de tasas e inscrición na propia Xunta de Galicia).

A inscrición nestas probas é independente á realización do curso de preparación en Culleredo. Non se expedirá ningún tipo de certificación ou diploma de asistencia aos cursos preparatorios para as probas do Celga.

Máis información na Orde do 4 de xaneiro de 2012 pola que anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia no ano 2012. (DOGA Núm. 5 – luns, 9 de xaneiro de 2012).

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina