A compañía de teatro El Ruiseñor presenta a comedia grega "Tesmoforias"

A compañía de teatro e danza El Ruiseñor, de Culleredo, presenta a comedia grega "Tesmoforias". Despois do éxito da traxedia "Troyanas", a compañía vaise ao outro extremo con esta comedia tola e divertida, onde a directora xoga coa esaxeración dos personaxes, reflectidos en moitos momentos como auténticos clowns.

As representacións terán lugar esta fin de semana no Conservatorio de Música de Culleredo. Os pases serán os seguintes:

  • Sábado 28 de Abril - 20:30 horas
  • Domingo 29 de Abril - 19:00 horas

As entradas están á venda na tenda ATHICUS de Acea de Ama (981 653 802).

Sinopse

Eurípides decátase de que as mulleres de Atenas están a conspirar para decidir o seu destino, enfadadas por como o as retrata nas súas traxedias. Utilizan o festival das Tesmoforias, unha celebración anual dedicada á fertilidade e á súa deusa Deméter, como tapadeira para tramar un plan que faga que Eurípides pague polas súas ofensivas palabras.

Eurípides, fai que Mnesíloco, o seu sogro, finxa ser unha muller e vaia ao debate das Tesmoforias como infiltrado para así obter información e falar ao seu favor. Na asemblea, as mulleres expresan por quendas a súa desagrado por Eurípides. Cando lle toca a Mnesíloco, di cousas aínda peores das mulleres que as que dixo o seu xenro, e estas críspanse coas súas palabras.

As mulleres sospeitan de Mnesíloco, despois de quitarlle a roupa, descobren que en verdade era un home. É cando entón comeza os tolos e disparatados intentos de Eurípides para librar ao seu sogro dunhas mulleres enfurecidas e dispostas a todo para vingarse dos dous.

As Tesmoforias é unha comedia escrita polo dramaturgo grego Aristófanes. Foi representada por primeira vez no 411 a. C. A pesar dos séculos, o texto mantense fresco e expón unha realidade feminista que ao día de hoxe segue vixente.

 

cartel

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina