O Concello inicia a reparación do paseo do Río Trabe ante os vicios ocultos aparecidos na obra da Xunta

 O Concello de Culleredo comeza os traballos de reparación do paseo do Río Trabe. Trátase dun paseo que conecta O Burgo con Vilaboa á beira deste río, e que foi executado pola Xunta de Galicia a través de Augas de Galicia.

Unha vez finalizada aquela actuación apareceron vicios ocultos nun punto, xunto ao polideportivo municipal e ao campo de fútbol do Burgo, que danaron gravemente o paseo. As malas conexións de pluviais foron o problema que provocou un corremento no dique e no firme do paseo.

Dado que a obra competeu á Xunta de Galicia, o Concello de Culleredo tratou de forma reiterada que o goberno autonómico procedese ao arranxo. De feito, o goberno local recibiu o compromiso da Xunta de que efectuaría a reparación. Con todo, en vista do tempo transcorrido sen que Augas de Galicia tomase cartas no asunto, e para evitar que o corremento se agravase e poida chegar mesmo a afectar o campo de fútbol, que se atopa a poucos metros, o Concello decidiu asumir a intervención.

Para iso elaborou un proxecto cun orzamento de 49.991 euros, que finalmente foi adxudicado por 32.145,06 euros. A empresa adxudicataria xa procedeu a valar a zona da actuación, que se executará nos próximos 3 meses.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, resalta o esforzo que realizará o Concello para reparar os defectos dunha obra executada pola Xunta. O primeiro edil aposta por manter no mellor estado aos paseos verdes do municipio dado que constitúen espazos pensados para o asueto dos veciños e a práctica deportiva.

obras no paseo

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina