O Concello emprende a roza de 163 kilómetros da rede viaria municipal

O Concello de Culleredo comeza coa chegada do verán un plan de acondicionamento e limpeza da rede viaria municipal. Serán 278 camiños os incluídos nas actuacións, conducentes a evitar que se xeren incendios, especialmente na época estival.

O goberno local que preside Julio Sacristán explica que se rozarán 163,81 quilómetros de vías municipais, nas súas dúas marxes. O plan abarcará as diferentes parroquias, aínda que Celas, con 29,58 km; Veiga, con 25,59 km; e Rutis, con 25,03 km son as que albergarán un maior número de intervencións. Serán 65,52 hectáreas as acollidas no plan de limpeza.

Os traballos xa se iniciaron a pasada semana. Coa celebración das festas parroquiais de Vilaboa, o equipo de goberno deu orde de que se priorizase esta zona para que estivese en estado óptimo para os festexos.
 
Nas próximas semanas continuarán as actuacións no municipio. O Concello apostou por este plan dado que se trata da época do ano onde existe maior necesidade polo crecemento da vexetación e dado que se contribúe de forma decisiva á prevención de incendios forestais.

O investimento municipal rolda os 40.000 euros. O interese do Concello no mantemento adecuado dos camiños se base en 2garantir a seguridade viaria para peóns e condutores". Nas próximas semanas sacará a licitación o Plan de Obras e Servizos, tamén centrado na mellora de viarias.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina