O alcalde preside a apertura do novo centro comercial de Acea de Ama

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, presidiu a presentación e inauguración do novo Eroski Center, que abriu as súas portas ao público o xoves, 6 de setembro. No acto, estivo acompañado por Juan Carlos Sanmartín, xefe de zona de Vegalsa-Eroski, Natalia Lodeiro, xefa de tenda Eroski Center Culleredo, e Javier González, director de Relacións Institucionais de Vegalsa-Eroski.

O novo centro comercial emprázase en Acea de Ama, no entorno do centro de saúde, o parque, o colexio, ou o Conservatorio Municipal. Conta con 1.350 metros cadrados de superficie de sala de ventas e aparcamentos exterior e subterráneo con capacidade para 177 vehículos.

O alcalde de Culleredo cualificou de “óptima” a localización do centro e apuntou que dada sas infraestruturas de comunicación non se prevén problemas de tráfico. Destacou que con respecto ao proxecto orixinal ampliouse o aparcamento para garantir a capacidade. “Estou convencido do éxito deste proxecto”, afirmou, ao tempo que resaltou que os veciños contarán agora con “máis posibilidades” para mercar.

González explicou que os estudos de mercado realizados pola empresa revelaron as posibilidades de desenvolvemento en Acea de Ama. Ata agora existía un pequeno supermercado da compañía no entorno, pero debido ao seu tamaño, Vegalsa – Eroski apostou por crear un novo, no que investiu 2,1 millóns de euros.

O Eroski Center ten un horario de apertura de 9.00 a 22.00 horas. O número de empregos directos xerados ascende a 51, dos que parte proceden do actual supermercado, parte de empregados da empresa residentes en Culleredo e sobre 18 foron outorgados a veciños do municipio.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina