Culleredo aproba a Inspección Técnica de Edificacións para garantir a conservación e seguridade urbanística

O Concello de Culleredo aprobou de forma definitiva a ordenanza reguladora da Inspección Técnica de Edificacións (ITE). Tras contar co visto e prace do pleno da corporación o pasado maio e non recibir alegación algunha, o Boletín Oficial da Provincia publica o texto, e entra polo tanto en vigor.

A Lei de Ordenación Urbanística de Galicia obriga no seu artigo 200 aos Concellos a regular mediante ordenanza municipal o deber de inspeccionar de forma periódica as edificacións. Con esta medida preténdese determinar o seu estado de conservación.

A ordenanza enmárcase dentro dunha necesaria cultura de rehabilitación e mantemento, sendo un instrumento de tutela preventiva para potenciar o papel que a conservación debe xogar no desenvolvemento da cidade. Con ela preténdese evitar a progresiva degradación do patrimonio edificado, a deterioración urbanística e social de determinadas áreas e a perda de identidade urbana.

A ordenanza aprobada afecta a todos os propietarios, titulares de calquera tipo de edificación, con independencia do seu uso e destino (vivenda, oficinas, uso industrial ou comercial). Quedan exceptuados desta obrigación ás edificacións declaradas en ruína ou sometidas a expediente contraditorio de ruína. No caso de edificios, a obrigación de realizar a ITE corresponde á comunidade.

Con esta medida, o Concello de Culleredo regula a obrigación de manter nas edificacións as condicións básicas de seguridade, estabilidade, estanqueidade, e consolidación estrutural, así como as de habitabilidade e ornato, en función do destino do inmoble. Para iso, elaborarase un informe de inspección técnica da edificación emitido por un técnico competente, co contido sinalado.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, explica que a realización da Inspección Técnica periódica permitirá coñecer se a edificación está a ser conservada e mantida correctamente e non presenta síntomas aparentes que indiquen unha falta de seguridade.  Coa ITE poderanse tomar decisións de acometer melloras nos niveis de conservación e a toma de medidas a tempo para evitar tanto os riscos para a seguridade das persoas como a necesidade de afrontar reparacións máis complexas e custosas.

O informe técnico deberá presentarse no colexio profesional correspondente e no rexistro do Concello, acompañado da ficha técnica da edificación.

O primeiro informe debe presentarse dentro do ano seguinte a aquel en que o edificio cumpra 50 anos de antigüidade ou dentro do prazo específico de 3 meses se é requirido polo Concello. O documento terá que ser renovado periodicamente dentro do ano seguinte en que se teñan transcorridos 10 anos desde que se entregase o anterior.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina