O novo goberno de Culleredo estrutúrase en 7 áreas para unha mellor coordinación en contacto co veciño

O goberno de Culleredo renóvase. A integración da Agrupación Progresista de Culleredo (APdC) no Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) impulsa o revogamento das competencias que tiñan os concelleiros do BNG dado que os socialistas dispoñen da maioría absoluta da corporación, o que facía ese pacto de goberno innecesario.

Producido o cese de competencias e o nomeamentos dos novos membros do goberno, o Concello celebra o martes 14 de maio un pleno extraordinario para a reorganización do goberno.

O Concello de Culleredo estará estruturado en 7 áreas que responden os eixos básicos de actuación que impulsará o novo goberno municipal. A organización mantén unha base similar á seguida desde o inicio do mandato, pero con diversas variacións que pretenden potenciar algunhas áreas en función das necesidades do Concello.

O oito áreas do goberno local son as seguintes:

Área de Presidencia: inclúe a coordinación das diferentes áreas municipais. Ocúpase da xestión económica, a asesoría xurídica, a xestión patrimonial, o servizo de contratación ou as relacións institucionais.

Área de Benestar e Muller: esta área dedicarase en exclusiva aos ámbitos relacionados con servizos sociais, unha "prioridade absoluta" para o novo goberno. Incluirán as políticas de prestación de servizos asistenciais, a atención a situacións de marxinación e exclusión social ou os programas destinados á terceira idade. Dous ámbitos importantes nesta área son o de Muller, que aglutina as políticas de igualdade, e o de Sanidade e Consumo.

Área de Cultura e Administración: contempla a xestión de todas as políticas culturais, incluíndo as bibliotecas, exposicións, patrimonio cultural ou eventos. O Conservatorio de Música pasa a depender desta área, na que se inclúe tamén a Participación Cidadá. Nesta área intégranse outros tres servizos: Deportes, Persoal e Educación, no que se integra agora a Infancia.

Área de Urbanismo: comprende a xestión das competencias municipais sobre a ordenación do territorio e o urbanismo.

Área de Medio Ambiente, Servizos e Obras: xestión dos servizos básicos municipais, políticas de medio ambiente e planificación de obras.

Área de Promoción Económica, Formación e Emprego: xestiona as políticas de formación, inserción laboral, plans de formación, desenvolvemento económico local ou as relacións empresariais. Nesta área inclúese agora a Dinamización Local e Turismo, ao ter plena relación coa promoción económica.  Tamén abarca ao ámbito de Mocidade.

Área de Seguridade Cidadá e Comunicación: área de nova creación coa que o novo goberno pretende impulsar unha atención máis próxima aos veciños das forzas de seguridade. Inclúe a Policía Local e Protección Civil. Correspóndelle ademais as políticas de comunicación do Concello, incluíndo a xestión da radio municipal.

A composición do goberno de Culleredo queda da seguinte forma:

Alcalde(Presidencia): Julio Sacristán
Primeiro tenente de alcalde. Seguridade Cidadá e Comunicación: José Ramón Riobóo
Segunda tenente de alcalde. Administración e Cultura: Alicia Ferreiro
Terceiro tenente de alcalde. Urbanismo: Diego Taibo
Carto tenente de alcalde. Medio Ambiente, Servizos e Obras: Narciso Marzoa
Quinta tenente de alcalde. Persoal: Marta Figueroa
Sexta tenente de alcalde. Promoción Económica e Emprego: Marta Iglesias
Sétima tenente de alcalde. Benestar Social: Guadalupe Pombo
Concelleiro delegado en Dinamización Local e Turismo: Juan Carlos Iglesias Lovelle
Concelleira delegada en Educación: Carmen Varela
Concelleiro delegado en Deportes: Miguel Suárez
Concelleira delegada en Sanidade e Muller: Penélope López
Concelleiro delegado en Protección Civil e Incendios: Alberto Veira

Con esta organización, o goberno local busca unha estrutura que fomente o "contacto cos cidadáns" propiciando a comunicación e participación. Os cambios nas áreas buscan unha "mellor coordinación" que redunde nun funcionamento eficaz do Concello.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina