O alcalde e o conselleiro de Medio Ambiente firman o convenio para reformar Electo Carballo

O Concello de Culleredo e a Xunta de Galicia rubrican o acordo para a remodelación da avenida de Electo Carballo (AC-215). O alcalde, Julio Sacristán, e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, asinaron hoxe o convenio aprobado a principios de mes polo Consello da Xunta, nun acto que tivo lugar na casa consistorial cullerdense.

Con este acordo darase resposta á necesidade de incrementar a seguridade viaria para os veciños desta estrada, eminentemente urbana, que conecta O Portazgo coa Corveira, é dicir, a Nacional 550 coa AC-211. A actuación terá un orzamento de 240.000 euros, cofinanciados entre Xunta e Concello, e servirá para a dotación de beirarrúas e de servizos para os residentes.

A obra consistirá na construción de beirarrúas na marxe dereita da estrada en sentido O Portazgo, nunha lonxitude de 700 metros, unha demanda de veciños e goberno municipal para proporcionar aos peóns un espazo seguro.  As beirarrúas terán unha sección variable, cun mínimo de 1,50 metros, baixo a que se instalarán os tubos para os diferentes servizos.

O proxecto incluirá tamén a instalación de rede de recollida de pluviais, con sumidoiros cada 50 metros. Prevese ademais, como medida para reducir a velocidade dos vehículos, a creación de pasos de peóns elevados. Ademais, a avenida disporá de nova pavimentación e estreará paradas de autobús. Tamén renovarase a sinalización horizontal e vertical.

Sacristán destacou ao termo do acto a "necesidade" da actuación dada a elevada carga de tráfico que ten a avenida nunha contorna con gran número de equipamentos veciñais. "Resulta imprescindible converter a estrada nunha vía urbana que da servizo a centros como un colexio, a sede de Policía Local, Garda Civil ou Protección Civil, ou o futuro centro de saúde, ademais de negocios comerciais e de hostalaría", indicou.

Coa firma do convenio, o Concello de Culleredo poderá, despois de aprobar o proxecto, sacar a licitación a obra. Estímase que a licitación e adxudicación dos traballos producirase este ano 2013, levando a cabo a actuación no primeiro semestre de 2014.

A vía pasará a ser municipal dado o carácter urbano que ten. Trátase do primeiro paso neste sentido que efectúa o goberno de Culleredo para asumir a competencia de estradas doutras administracións, pero que o hoxe son rúas e resulta máis lóxico o mantemento municipal.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina