O Concello de Culleredo fórmase na compra pública responsable

O Concello de Culleredo busca introducir o concepto de ética nos seus investimentos. Políticos e técnicos do Concello recibirán o xoves 7 de novembro unha formación encamiñada a que a actividade económica desde a propia administración garanta a responsabilidade.

Trátase dunha acción enmarcada no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte e co que colabora habitualmente o Concello. O "Taller de compra pública responsable e ética (da teoría á práctica)" terá lugar no Pazo de Vila Melania e estará impartido pola ONG especializada Amarante Setem.

O Concello de Culleredo, desde a súa Concellaría de Promoción Económica e Formación e desde a Concellaría de Sanidade, comparte o obxectivo do Fondo de camiñar cara a modelos de consumo que teñan en conta determinados niveis de ética que primen criterios sociais e ambientais

O goberno local aposta por que se garantan os dereitos dos traballadores, así como a preservación do medio ambiente, entre outros. Ademais, o Concello pretende a promoción destes modelos, razóns polas que se apostou por esta actividade de forma conxunta co Fondo Galego de Cooperación.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina