O Nadal en Culleredo tamén ofrece espazos reservados para o deporte. Os distintos eventos deportivos que se celebrarán entre os vindeiros sábado e domingo no municipio, organizados por distintos clubs apoiados polo Concello, reunirán a máis de medio milleiro de participantes de todas as idades.
A parroquia de Orro acollerá o domingo o II Trail Running e a II Andaina con orientación, organizado por ADTL A Pedrosa e o Club Gallaecia Raid. O Trail Running é de carácter competitivo e haberá trofeos para o tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
Distancias e desnivel:
O baloncesto será outro dos grandes protagonistas. O Club Baloncesto Culleredo celebra torneos de Nadal de categoría alevín masculino, o sábado, e de infantil feminino, o domingo, no polideportivo municipal do Burgo. Os eventos logran reunir aos principais equipos galegos da categoría, o que supón un aliciente para os pequenos cullerdenses e atrae numeroso público.
O club xa desenvolveu o pasado fin de semana a competición de minibasquet de Nadal e o torneo Asicasa, correspondente a infantil masculino, no que resultou vencedor a pesar de medirse a equipos de división superior.
En balonmán, o Club Balonmán Culleredo propón o seu Torneo de Nadal no polideportivo de Vilaboa. Comporase tanto de competición para os nenos, que conforman as categorías base da entidade, como para adultos, aberta á participación libre de calquera que se achegue polo pavillón provisto da roupa deportiva adecuada. Esta iniciativa xuntará ao redor de 100 nenos e 50 adultos.
E finalmente, a Asociación de Mulleres Deportitas Galegas (MUDEGA) organiza o sábado o I Trofeo de Fútbol sala MUDEGA. O torneo reunirá a equipos tanto de Culleredo como de municipios da comarca.
No polideportivo de Tarrío desenvolveranse os partidos da categoría prebenjamín e en Vilaboa, os da categoría biberón.
O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, agradece a implicación dos clubs cullerdenses en desenvolver actividades deportivas idóneas para a época vacacional de Nadal. O edil destaca a variedade da oferta, conformada para empregar parte das festas tamén a unha alternativa física saudable.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER