O mes de agosto respirarase fútbol en Culleredo. O Concello organiza o XXXVII Trofeo de Fútbol Afeccionado, o II Trofeo de fútbol-8 alevín, e o XVII Trofeo de Fútbol Veteráns.
O máis tradicional, o de Fútbol Afeccionado, terá lugar durante todo o mes nos diferentes campos do municipio. A final desenvolverase o 30 de agosto no campo do Burgo.
O de veteráns celebrarase entre o 22 e o 29 de agosto, e o de alevíns nunha xornada, o 30 de agosto.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER